Manuel Núñez reúnese coa nova directiva da Escola Municipal de Música do Concello

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu conta dos asuntos tratados na xuntanza que mantivo este martes coa nova directiva da Escola Municipal de Música do Concello. Trátase da primeira reunión entre o edil e a nova xunta directiva desta escola, que foi elixida tralo acordo unánime tomado polo claustro de profesores.

A nova directiva, elixida para os dous próximos cursos escolares, está formada polo director, Carlos Méndez, o vicedirector, Rosendo Ivorra, a secretaria, María Mercedes Autrán, e o xefe de estudos, Efraím Díaz.

Manuel Núñez, indicou que “acordamos ofertar un prazo de matrícula no mes de setembro para as novas especialidades musicais que se impartirán no próximo curso, cunha materia de banda infantil e outra de iniciación ao piano”. Ademais, as idades para a banda infantil quedan establecidas entre os 8 e os 12 anos.

“Tamén se iniciará o procedemento para a modificación do Regulamento de Réxime Interno a petición do claustro  e da dirección do centro, tal e como establece o vixente, e que está encamiñado á creación dos Consello Escolar da escola durante este curso”, tal e como avanzou o Concelleiro.

Adquisición de material

O edil tamén informou de que “a entidade local destinará preto de 5.700 euros para adquirir diversos materiais didácticos e audiovisuais, en resposta á petición realizada polos mestres da escola.

Deste xeito, cambiaranse os tubos fluorescentes por outros de leds, por un importe de preto de 2.000 euros, mellorando deste xeito a calidade da luz e contribuíndo a reducir o consumo enerxético. Tamén se adquirirán partituras de percusión, ás que se destinan uns 300 euros, ou cd´s para música tradicional por uns 175 euros, ou uns altofalantes por preto de 2.000 euros.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com