‘Mapa de xeografía emocional’ de Martiño Maseda, primeiro premio no VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

A obra Mapa de xeografía emocional do autor Martiño Maseda acada o primeiro premio no VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que cada ano convoca o Concello de Mondoñedo, en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Martiño Maseda é natural de Vilalba, e recibirá un premio de 1.500 euros, placa e diploma. Mentres, o segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada 1(14)1, do autor Alberte Momán de Ferrol. O terceiro premio foi para a obra Documentos do escribente de Jorge Alonso García. O autor nado en Bos Aires e residente en Vilagarcía de Arousa recibe 300 euros, placa e diploma.

Dende o Concello de Mondoñedo destacan que esta edición do VII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro estivo marcada “polo gran número de obras que participaron, preto de 100 orixinais recibidos”. Os xurado que fallou os premios estivo integrado por Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto.

A entrega dos galardóns aos premiados terá lugar durante un acto celebrado polo Concello de Mondoñedo e que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de novembro dende as 12.00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com