" />
Marea Galeguista

Marea Galeguista esixe medidas para paliar a feminización da pobreza

Carmen Núñez, nº 2 da Marea Galeguista por Lugo, xunto con outras integrantes da candidatura, veñen de manter unha xuntanza con colectivos de xubilados na que recolleron as súas reivindicacións  e explicaron as propostas programáticas da Marea Galeguista nesto ámbito.

A fenda salarial de xénero percíbese tamén, segundo indicaron, nas prestacións económicas e nas pensións, sendo un factor mais que inflúe na feminización da pobreza, afectando en maior medida ás mulleres maiores.

As mulleres galegas perciben as pensións máis baixas do estado, situándose a fenda de xénero, provocada pola precariedade nos traballos de moitas mulleres que se dedicaron aos coidados, “necesarios pero non remunerados”, nuns 400€.

Pola súa banda, as pensións das mulleres galegas no agro destacan por unha fenda de xénero maior, debido a ter explotacións agrarias domésticas constando a nome, na maioría das ocasións, dos homes.
Para Carmen Núñez, no relativo ás pensións, o problema non é só “a redución do número de cotizantes á Seguridade Social, senón o reparto da riqueza”, pois segundo asegura “cartos hai, o que pasa é que están moi mal repartidos”.

Neste senso, explicou diversas propostas programáticas da Marea galeguista como a de loitar contra a feminización da pobreza ou a da Renda Básica Universal e Incondicional, como garantía de ingresos mínimos para vivir con dignidade.

Para a Núñez, neste senso, o feminismo “non pode negar a necesidade de que se amplíen as políticas sociais”, pois o contrario, asegura , sería “negar a súa dimensión reivindicativa e emancipatoria”.

Durante a xuntanza tamén valoraron a situación actual dos servizos públicos como a sanidade ou os servizos sociais, en particular dos recursos para persoas maiores, amosando dende o colectivo preocupación pola situación destes recursos, nomeadamente as residencias e centros de día, pechados estes últimos, “unicamente por motivos electoralistas”, afea Núñez.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Luis Díaz
    Xuñ 29, 2020 - 03:11 PM

    O día 12X , quen queira votar a Podemos lembre: Na papeleta pon Galicia en Común ( Podemos/Izquierda Unida/Anova/Mareas Municipalistas ) Marea Galeguista é outra cousa. Querido votante de esquerdas, SÍ, sempre te estamos liando cos nomes, pero pa non tirar o lixo o teu voto progresista lembra : GALICIA EN COMÚN e punto.

    Reply
    • Avatar
      Manuel Maria Lourido Aguiar
      Xuñ 29, 2020 - 03:43 PM

      Luis Díaz ,non creo que a Marea Galeguista sexa tirar o voto.e menos o voto galego

      Reply
    • Avatar
      Luis Díaz
      Xuñ 29, 2020 - 03:50 PM

      Manuel Maria Lourido Aguiar o sinto, pero o dono desa reflexión é o bng

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo