Marea Galeguista: non hai datos sobre as vivendas baleiras da Tinería

A candidata número dous pola Marea Galeguista na provincia de Lugo, Carmen Núñez, participou esta tarde nun acto reivindicativo xunto ao Movemento Galego polo dereito á vivenda “Por un parque público de vivenda social”
“Estamos aquí para erguer a voz sobre un dos maiores problemas con que se atopan as traballadoras sociais na procura de recursos; a falta de vivenda accesible e digna e o desleixo das administracións públicas nas súas competencias” comentou Carmen Núñez.

No acto, que consistiu nun roteiro pola Tinería para constatar o estado das edificacións, unha das portavoces do movemento galego polo dereito á vivenda, Patricia Lopez, sinalou a importancia das políticas públicas de vivenda “Se non hai vivenda, se non hai vivenda digna, as persoas non podemos desenvolver as nosas capacidades porque algo, un espazo, no sitúa no lugar de sempre. Dispoñer de vivenda, non é unha cuestión meramente individual, non é unha opción libre como nos queren facer crer as teorías neoliberais. É un problema social e estrutural”.

A candidata tamén lembrou a situación pola que pasaron moitas persoas sen fogar durante o confinamento derivado da Covid “Algún día terá que falarse de cómo os pavillons se encheron de persoas, cómo única opción de aloxamento en cidades que presentan uns índices de vivenda baleira enormes, e sen perspectivas de ocupación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com