Martínez anuncia que presentará recurso contra o Presidente da Deputación

O Deputado non adscrito, Manuel Martínez, emitiu esta tarde un comunicado, onde entre outras cousas, anuncia que vai presentar “o correspondente recurso, tanto pola vía administrativa como pola penal, contra o Presidente da Deputación, por rexeitar, a votación das emendas presentadas ao proxecto de orzamentos”.

Martínez asegurou que “ao non permitir a votación, o Presidente burlou e vulnerou a vontade popular”.

O alcalde de Becerreá denuncia que “un equipo de goberno que substitúe a democracia por acordos de última hora, non é un goberno serio” .

Martínez cualificou o orzamento de “chegar tarde, mal e arrastro, mantendo así paralizada e bloqueada a Deputación”. E remata “Manolo Martínez nin foi, nin vai ser o comodín de ninguén”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com