Martínez interpón un Recurso contra os Orzamentos da Deputación

O deputado non adscrito, Manuel Martínez, vén de interponer un Rescurso Potestativo de Reposición  contra a convocatoria da sesión que se ía celebrar o día 22 de novembro da comisión de economía, recadación e facenda e goberno interior e relacións institucionais ao entender que “dita convocatoria non se axusta a dereito”.

Martínez interpón este recurso contra a aprobación dos Orzamentos de 2019 debido, entre outras cousas, porque “personado na sección de actas o dia 20 de novembro coa finalidade de consultar os expedientes incluídos na orde do día, se me comunica que non se atopan á miña disposición e que me serán remitidos por correo electrónico cando se poida”. Ao día seguinte, segundo explica o deputado, remitiron ao seu enderezo electrónico toda a documentación, pero “sen dispoñer dos dous días hábiles que o ordenamento xurídico me concede para proceder ao exame da documentación que me permita intervir nos debates e votación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo