" />

Martínez proporá ao pleno a convocatoria de bolsas de estudos de idiomas

O Deputado non adscrito, Manuel Martínez, proporá no vindeiro pleno da Deputación a creación e convocatoria, o vindeiro mes de abril, de diferentes bolsas de estudos para o desenvolvemento de cursos de perfeccionamento en inglés, francés, alemán, italiano, portugués, xaponés e chinés. Para este fin, o deputado pide o apoio da corporación para destinar unha partida de 500.000 euros con cargo aos remanentes de 2018.

Na proposta de Martínez, se contempla un importe de 2.000 euros por bolsa e que conlevará unha estancia de dúas semanas de duración. Segundo explica o deputado, iría destinada a alumnado de 2º de ESO a Bacharelato dos concellos con menos de 5.000 habitantes e cun número mínimo de catro estudantes por Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo