Martínez: “Suplusa non se disolverá, salvo que o Xulgado tome esa decisión”

“Suplusa non se disolverá, como aprobou o Pleno da Deputación, salvo que o Xulgado tome esa decisión”. Con esta contundencia valoraba o presidente da Sociedade Urbanística Provincial, Manuel Martínez, as “presións e coaccións” que, segundo explicou, o Goberno de Darío Campos, exerce sobre a entidade urbanística co fin de eliminala.

“A situación que se está creando na Deputación polo equipo de Goberno, está a deteriorar e condicionar as actuacións de todos os grupos e perxudicando gravemente á provincia”, explicou Martínez quen asegurou que os de Campos Conde “non aceptan o xogo democrático das maiorías e minorías” e “lles irrita non impoñer a súa vontade”, especialmente nun órganos que gobernaron durante máis dunha década.

Segundo o becerrense a “ofensiva oficial para disolver Suplusa”, cunha demanda no Xulgado do Mercantil por parte da administración provincial, non saliu “ben” ao equipo de Darío Campos polo que “lanzaron unha nova ofensiva”. O presidente de Suplusa referíase así á iniciativa que o “grupo amigo” do BNG presentou na sesión plenaria do pasado martes solicitando a disolución da Sociedade Urbanística actual e a creación dunha nova entidade dependente da Deputación, cun resultado similar ao acadado na Xunta Xeral de Suplusa: “rexeitamento pola maioría da petición de disolución, resultado que non aceptan”.

“Solo lles queda, como insinuaron no pleno, intentar utilizar aos traballadores de Suplusa co apoio do Sindicato”, criticou Martínez que considerou que “xa estña utilizando aos traballadores que non empezaron a traballar na Sociedade porque o señor Darío Campos, négase a aprobar a ordenanza e o precio público das residencias en Pleno para que Suplusa as empece a xestionar”.

O presidente da entidade urbanística explicou que, dende o seu punto de vista “a nova ofensiva” que podería levar a cabo o equipo de goberno sería “enganar” aos traballadores de Suplusa dicíndolles que van ser traballadores da Deputación, “cousa moi difícil, se non é con artimañas, tretas ou fraudes aos que son moi aficionados BNG e PSOE”.

Para concluir, Martínez reiterou que a Sociedade Urbanísticas non se disolverá sen unha decisión xudicial que o ordene, pois segundo afirmou “Suplusa nunca foi tan clara e transparente; e axustada escrupulosamente a dereito”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com