Praia das Catedráis Praia das Catedráis

Medio Ambiente reparará os danos causados por temporais no litoral de Lugo

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, está a realizar diversas actuacións no litoral de Galicia para reparar danos ocasionados por temporais e que supoñen un investimento de máis de 1,5 millóns de euros.

Na provincia de Lugo, cun investimento total de 99.500 euros, son as seguintes:

En Ribadeo.- Está en execución un pequeno dique para evitar a escavación do paseo marítimo de Rinlo.

En Barreiros. – Retiráronse as terras procedentes do derrubamento do noiro sobre o único acceso á praia de San Bartolo para facilitar a entrada e seguridade dos usuarios.

En Foz.- Estase a realizar o recalzo do dique da Praia de Arealonga, así como da praia da Pampillosa.

En Burela.- Estase a executar un elemento de protección contra a entrada de area no paseo marítimo e en casas estremeiras na praia urbana de Burela

No Vicedo.- Vaise executar o arranxo das pasarelas de madeira nas praias de Abrela e San Román como consecuencia do ataque dos temporais.

Estas obras, con carácter de urxencia, forman parte do Plan Litoral 2015 que comprende todas as actuacións necesarias para reparar os danos causados no litoral polos temporais. Este Plan conta cun investimento global de máis de 21 millóns de euros, e comprende preto de 50 actuacións ao longo do litoral español para restauración de infraestruturas danadas, paseos marítimos, accesos a praias ou reposición de area.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo