Medio cento de veciños percorren a ruta cardiosaudable polo Rato impulsada pola Federación Veciñal

A Ruta cardiosaudable polo Río Rato: Fronte a Casa Paco arrancou hoxe ás 11:00 horas contando con medio cento de veciños. Ao comezo, a Federación Veciñal fixo entrega aos participantes de camisetas. A Ruta contou cunha extensión de entre 3.5 e 4 quilómetros, que corresponden ao treito do cinto verde entre a Tolda e a Estrada da Fonsagrada. Durante a xornada, que tivo unha duración aproximada de 50 minutos, os participantes estiveron acompañados por monitores. Tamén se contou coa presenza de membros de Protección Civil para garantir a seguridade durante a xornada.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, tamén participaron, nesta ruta cardiosaudable polo paseo do río Rato. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños, coa que colaboran Concello e Deputación, que busca pór en valor este espazo verde ao pé da cidade de Lugo, e impulsar actividades lúdicas e deportivas coas que promover entre a cidadanía hábitos de vida saudables.

Ao comezo do acto, a rexedora subliñou que “nunha sociedade envellecida, tal e como acontece tanto no Concello de Lugo, onde mais do 20% da poboación é maior de 65 anos, como na provincia, este tipo de actividades axudan a impulsar, e moito, modelos e hábitos de vida non sedentarios”.

Pola súa banda, Álvaro Santos destacou que “o paseo do Río Rato é un dos pulmóns de Lugo, un enclave natural único que permite conectar coa natureza a escasos minutos da cidade da muralla. Trátase dun espazo público que conta con gran afluencia de veciños que veñen a pasear e a facer deporte, pois é un paseo único”.

Jesús Vázquez agradeceu a colaboración do Concello e do organismo provincial neste tipo de iniciativas, “encamiñadas a mellorar a saúde dos veciños da provincia, nun entorno natural e preto á cidade”.

Paneis informativos

Santos Ramos explicou que arestora, o Executivo da Deputación está a renovar os paneis informativos do Paseo, no que se instalarán un total de 11 carteis con información sobre a flora e a fauna propios da reserva da biosfera. Ademais, Santos Ramos puxo as melloras executadas na estrada ao pé do paseo, que soporta unha grande número tráfico, e avanzou que están a rematar xa os traballos da instalación do novo sistema de iluminación.

O Voceiro do Goberno provincial destacou que “o paseo do Río Rato é un dos pulmóns de Lugo, un enclave natural único que permite conectar coa natureza a escasos minutos da cidade da muralla. Trátase dun espazo público que conta con gran afluencia de veciños que veñen a pasear e a facer deporte, pois é un paseo único”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com