Medio Rural abonou na provincia de Lugo axudas por importe de case 102 millóns de euros da PAC do 2018

A Consellería do Medio Rural abonou na provincia de Lugo  pagos por importe de preto de 102 millóns de euros, correspondentes á campaña da PAC do 2018, que quedou practicamente rematada coas últimas partidas ingresadas no mes de xuño. As axudas beneficiaron a máis de 11.000 gandeiros lucenses.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a consellería traballa xa na campaña do 2019, na que se agardan unhas cfras semellantes ás do pasado ano, e subliñou o esforzo por seguir modernizando a simplificando a tramitación. Entre outras medidas, a consellería vai realizar un proxecto piloto -no concello pontevedrés de Forcarei- para substituír os tradicionais controis sobre o terreo polo monitoreo das superficies declaradas para pagamento básico mediante o uso de imaxes de satélite e doutras tecnoloxías coma os drons, as fotos xeoetiquetadas ou a intelixencia artificial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo