Mellor sen Touradas: “O PSOE non está a altura dos seus veciños en Sarria”

A pesar das declaracións da alcaldesa de Sarria nos últimos días, sinalando que non asistía a corridas de touros, e de que o seu grupo político “non vía inconvinte” á moción para declarar ao municipio como libre de touradas, os socialistas abstivéronse na votación do pleno do concello que tivo lugar onte. Situación que para a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, da “un novo balón de osíxeno ao lobby taurino.

A plataforma criticou a postura do principal partido do goberno lucense, mencionando os apoios socialistas a textos similares en localidades como Padrón, Pontevedra ou A Coruña, para rexeitar unha práctica tan cruel como subvencionada, e advertiu que seguen adiante coas súas denuncias administrativas.

Neste sentido, os abolicionistas expuxeron a necesidade de revisar o pacto de goberno que sacou ao Partido Popular do goberno local fai xa máis de tres anos, ao entender que o PSOE está a xogar coa normativa para avalar, de forma implícita, unha actividade rexeitada pola maioría social, e que ademais non fixo absolutamente nada para impedir a distribución de publicidade que incumpriría os requisitos da Lei de Espectáculos Públicos.

De forma paralela a plataforma aplaudiu a convocatoria veciñal que tivo lugar antes e durante o pleno ordinario de Sarria, onde se evidencia que existe un crecente rexeitamento cidadán a que a localidade volva ser sede da “crueldade institucionalidada como espectáculo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo