Mellora na estrada que vai do Alto de Aldriz con Vilar de Lor

O voceiro do Goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, supervisou os traballos de mellora executados na LU-P-5005, en Quiroga, que contaron cunha achega do Executivo Provincial de 53.500 euros. Estes fondos permitiron o arranxo de 1,2 quilómetros do firme con aglomerado en quente, do punto quilométrico 5,5 ao 6,7.

Santos Ramos subliñou que “con estes traballos beneficiamos directamente aos preto de 200 veciños da parroquia de Vilar de Lor, que empregan a vía para realizar os seus desprazamentos. Ademais, cómpre subliñar que se trata dunha estrada que recolle un importante volume de tráfico ao dar acceso a unha zona turística, como é o Alto de Aldriz, e moi visitada por persoas que se achegan a practicar deportes de montaña como sendeirismo”.

A parroquia de Vilar de Lor está formada polos núcleos de Bustelo de Lor, Lamas de Lor, Orxais, Soán, Vilar de Lor, Xestoso. As actuacións levadas a cabo na LU-P-5005 consistiron na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com