Melloras nas beirarrúas da rúa Conde

O Concello de Lugo está a acometer traballos na rúa Conde para facilitar o tránsito e mellorar a seguridade dos peóns polas beirarrúas desta vía, na marxe esquerda entre Salmón e Río Sil. Con estas obras, que contan cun investimento de preto de 12.000 euros, estase a renovar o pavimento das beirarrúas por outro máis rugoso e tamén se colocarán unhas varandas. O Goberno responde deste xeito ás peticións veciñais.

Estes traballos súmase a outras actuacións que levou a cabo o Concello recentemente coa finalidade de mellorar a seguridade viaria na cidade. Entre elas, o peche á circulación rodada do tramo peonil da Ronda da Muralla, unha medida coa que se mellorou o acceso da cidadanía ao edificio administrativo do Concello e dos alumnos do colexio A Inmaculada, ademais de mellorar a seguridade dos peóns e dos alumnos do colexio Franciscanos, ao eliminarse a circulación en dobre sentido pola Praza Maior.

Tamén se realizou o desdobramento dun dos carrís na Avenida Duquesa de Lugo, concretamente do treito entre as rotondas da rúa Serra de Meira e da Monforte. Deste xeito, favorécese a fluidez do tráfico neste acceso á cidade no que se concentra un importante volume de vehículos.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo