" />

Méndez nomea a un novo xefe da Policía Local entre as críticas da oposición

O goberno local de Lugo vén de anular o nomeamento como xefe da Policía Local do oficial delegado de CSIF, Benito Martinez, realizado na mañá de onte. Esta designación fora executada en base á antigüidade no corpo e non por méritos ou capacidade, así; segundo o criterio anteriormente utilizado, o oficial para o posto, designado pola rexedora definitivamente, é José Antonio Mera.

Desta situación que está a vivir a Policía Local falou esta mañá a voceira de Lugonovo, Cristina Pérez quen cargou tintas contra a alcaldesa achacando á súa ausencia de determinación que o corpo municipal se atope, dixo, desmantelado. Para Pérez Herráiz, “onde hai falta de mando non é na Policía senón no Concello”. A voceira de Lugonovo tacha de “esperpento” o encadeamento de ordes emitidas pola rexedora dende que comezou o ano.

Pola súa banda, o vicevoceiro do PP, Enrique Rozas pediu á rexedora que deixe o concello, tras crear “a maior crise en materia de seguridade na Policía Local”. Rozas lamentou que a forma de actuar da alcaldesa poña en risco, non só a seguridade dos cidadáns senón tamén a celebración de eventos como pode ser o Corre con Nós que terá lugar esta fin de semana xa que ninguén asina o plan de tráfico sen un xefe do servizo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo