" />

Méndez traslada o apoio do Concello ás reivindicacións dos traballadores de Alcoa para esixir a súa continuidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada doutros concelleiros e militantes socialistas, participaba esta mañá na concentración convocada diante da Subdelegación do Goberno para esixir a continuidade de Alcoa.

Durante a súa intervención, a rexedora fixo fincapé en que “non se trata dunha problemática territorial da Mariña, senón que nos afecta a todas e todos porque Alcoa é unha industria imprescindible no conxunto da provincia”, polo que engadiu que “cómpre superar as barreiras que nalgunhas ocasións supón a ideoloxía partidista para aunar esforzos dende tódalas administracións e loitar conxuntamente co obxecto de mantela aberta”.

Lara Méndez deu a benvida á cidade aos traballadores aos que lles asegurou que “Lugo, como concello e como capitalidade da provincia está con vós, ao voso carón, esixindo que Alcoa continúe funcionando e, seguiremos pelexando para que esta continuidade sexa unha realidade, ao abeiro dun goberno central forte, que agardamos se constitúa en breve, e permita dar pasos cara adiante e tomar decisións en firme que contribúan a este obxectivo”.

A rexedora enxalzou ademais o tesón que o colectivo está a demostrar levando as súas protestas pola xeografía do país demostrando a necesidade de que a Alcoa siga aberta.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 15, 2019 - 11:58 AM

    Moito teatro, e veña fotos….

    Reply
    • Avatar
      Mari Dominguez
      Dec 15, 2019 - 01:21 PM

      Carlos Fernandez Peleteiro pois sí, eso parece, todo noxento.

      Reply
    • Avatar
      Manuel Ferreiro
      Dec 15, 2019 - 03:45 PM

      Carlos Fernandez Peleteiro pero tú seguro q estabas en casa quentiño e sin protestar, cando non nos vai o noso bolsillo e fácil ver os toros desde a barrera.

      Reply
    • Avatar
      Manuel Ferreiro
      Dec 15, 2019 - 03:48 PM

      Mari Dominguez noxentas seguro que existen moitas mais cousas e seguro non lle fas ascos.

      Reply
    • Avatar
      Carlos Fernandez Peleteiro
      Dec 15, 2019 - 03:54 PM

      Manuel Ferreiro, pois é verdade estaba na casa. É con esto non quero decir que non me preocupe o asunto. Pero como é un tema dos poderes económicos e máis políticos ahí non pinta a nada. É como os políticos saben ben cal é o problema é son os que o teñen que arranxar, como non poñan a electricidade aún precio competitivo Alúmina pechará.

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo