Mero presenta en Vilalba o seu novo poemario ‘No perfil das verbas’

Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, presentará mañá en Vilalba o seu novo libro No perfil das verbas, poemario que irá acompañado de debuxos da vilalbesa María Guerrero Rico e que está editado pola asociación cultural Xermolos de Guitiriz.

O acto terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura da localidade vilalbesa a partir das 20.00 horas e nel, participarán, ademáis do autor, Alfonso Blanco Torrado (en representación da entidade editora); o poeta de Ponte Outeiro, Xosé Outero Canto; o poeta Xoán Fernández Abella, o gaiteiro Raul Galego e o xornalista, Xulio Xiz.

Este libro xa foi presentado días pasados na librería Couceiro de Santiago, sendo a presentación en Lugo, o próximo 27 de novembro, martes, ás 19.00 horas, no salón de actos do Vello Cárcere.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo