Microefectos Dramatúrxicos volta mañá ao microteatro

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite hoxe e mañá en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Este ano o colectivo celebra o seu quinto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano se trasladou ao Clube Clavicémbalo. Ao longo de todo este tempo se puxeron en escena máis de 150 micropezas de producción propia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com