" />

Miguel Fernández responde ao PP que pida as Xuras de bandeira civís á Subdelegación

O Concello de Lugo respondeu esta mañá a petición feita, ante os medios, polo PP municipal para que Lara Méndez solicitase á Subdelegación de Goberno e a Defensa a realización de Xuras de bandeira civís na cidade. Se ben, esta proposta dos populares xa deu que falar a outros grupos da oposición, como foi o BNG, que se negaba a que o Concello levara a cabo este acto; hoxe era o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen se dirixía, a través dos medios de comunicación, aos populares.

Fernández asegurou que unha Xura de Bandeira non é competencia municipal, e instou aos populares a solicitar esta celebración “nas administracións correspondentes”. Asemade, o voceiro considerou que esta solicitude responde a un acto de “copia e pega do que presentou Cifuentes en Madrid” e lembrou que a bandeira de España”representa ao Estado e a representación do Estado na provincia é a Subdelegación de Goberno”.

Doutra banda, o voceiro municipal culpou desta solicitude á “descoordinación” que goberna dentro do Partido Popular e recomendoulles “que falen máis entre eles”; xa que, “mentres que o seu voceiro se está a posicionar para liderar unha moción de censura, o vicevoceiro pide permiso á alcaldesa, Lara Méndez, para levar a cabo este acto dentro duns meses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo