" />

Monbús volve a sacar a liña de bus entre Lugo e Pobra de San Xiao

O voceiro do PP de Láncara, Santiago Cubillas, mantivo no día de hoxe unha reunión co delegado territorial da Xunta
en Lugo, José Manuel Balseiro. No transcurso da mesa confirmoulle que, segundo, avanza a empresa adxudicataria do servizo de autobús (Monbús), unha nova frecuencia da liña que une Lugo coa Pobra de San Xiao comezará a operar o próximo luns 22 de outubro.

A Xunta autorizou o pasado venres esta nova liña de servizo público de transporte por autocar, que unirá a cidade de Lugo e A Pobra de San Xiao (Láncara), todos os días laborais, con saída da capital provincial ás 14.35 horas. O tempo de demora entre a autorización e a posta en marcha efectiva desta nova frecuencia debeuse a cuestións técnicas, en particular á imprecindible adaptación dos programas e das máquinas expendedoras dos billetes.

Con esta nova liña espérase atender ás necesidades dos estudantes de Secundaria que teñen que facer desprazamentos a diario entre ambas localidades. Unha situación que xa denunciaran o propio alcalde da localidade e o Bloque Nacionalista galego, en diversas ocasións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo