Mondoñedo aproba o segundo plan de axudas a pemes e autónomos

O Concello de Mondoñedo aprobará este venres o segundo plan de axudas a pemes e autónomos para contribuír ao financiamento de gastos vencellados á adopción de medidas preventivas contra á covid-19 que conta coa unanimidade da comisión informativa despois de ser abordado nunha mesa de traballo con todas as forzas políticas e con representantes da Aciam.

O Concello iniciou determinadas accións coa finalidade de contribuír a paliar os danos que sufriron estes sectores e evitar o peche da actividade dos negocios ubicados no termo municipal de Mondoñedo como consecuencia do cumprimento das medidas preventivas establecidas pola lexislación vixente en materia da covid-19. Pon así en práctica o compromiso adquirido en canto á aplicación de medidas para axudar aos sectores produtivos a afrontar a crise económica derivada da pandemia.

Dende o goberno local manifestan: “Pretendemos axudar aos negocios que tiveron que investir en obras ou afrontar outros gastos como consecuencia da adopción de medidas establecidas pola normativa sanitaria en materia da covid-19 como pode ser o gasto en material de protección”. Este plan pretende “protexer aos negocios que ven máis afectada a súa actividade económica polo cumprimento da normativa sanitaria” e con ese obxectivo, o Concello trata de axilizar os trámites para que “as axudas cheguen canto antes ao tecido económico local”.

Este programa de subvencións a pemes e autónomos para contribuír ao financiamento de gastos vencellados á adopción de medidas preventivas derivadas da alerta sanitaria da covid-19 foi elaborado atendendo aos acordos da mesa de traballo integrada polos distintos grupos da corporación municipal e os representantes da Aciam.

O Concello pretende atender a totalidade das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos regulados nas súas bases. Entre eles establecen que as pemes e autónomos deben ter domicilio social e centro de traballo ubicado no termo municipal de Mondoñedo; desenvolver unha actividade que non teña a condición de actividade esencial; ver reducido o seu horario de apertura ao público e reducido o seu aforo máximo a lo menos durante tres meses; cumprir coas súas obrigas fiscais e manter a prestación da actividade e, no seu caso, o centro de traballo, a lo menos, durante a totalidade do ano 2021.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com