" />

Morre un mozo de Friol nun accidente de tráfico en Melide

Un mozo de Friol faleceu a pasada noite  e outra persoa que viaxaba con el  resultou ferida leve despois de saírse da vía e envorcar o vehículo no que viaxaban, en Melide. O sinistro poduciuse pouco antes das doce da pasada noite na DP-4604, no vial que une a localidade con Toques. Alí acudiron os voluntarios de Protección Civil e os Bombeiros de Arzúa ante a posibilidade de que os ocupantes estivesen atrapados. Sen embargo, unha vez no lugar, puideron comprobar que a vítima estaba liberada e accesible, aínda que sen vida.

Pola súa banda, o outro ocupante sufriu lesións leves, polas que foi atendido por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no mesmo sitio do accidente sen que fose necesario o seu traslado a un centro hospitalario.

Tamén acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico co fin de aclarar as circunstancias nas que se produciu o sinistro, xa que o vítima, que conducía o coche, acabou no asento do copiloto, mentres que o segundo ocupante estaba fóra do coche e con feridas leves.

Cómpre salientar que este operativo púxose en marcha tras recibir no 112 Galicia a chamada dunha persoa particular, que avisou da grave situación na que se atopaba o condutor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo