Morre un mozo nun accidente na Infanta Elena

Un mozo de 22 anos e natural de Abadín, faleceu esta tarde nun accidente na avenida Infanta Elena. O suceso tivo lugar minutos antes das oito da tarde, cando o vehículo no que viaxaba a vítima e que circulaba en dirección ao Ceao, perdeu o control e bateu contra outro turismo que viña en sentido contrario.

A vítima, que viaxaba no asento traseiro tivo que ser escarcelada polos bombeiros. No vehículo viaxaban outros tres ocupantes que resultaron feridos e foron trasladados ao Hula, así como o ocupante do outro vehículo que tamén resultou ferido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com