Morre un operario ao caerlle unha furgoneta encima en Begonte

Un traballador faleceu no polígono industrial de Begonte ao quedar atrapado debaixo dunha furgoneta. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o vehículo  atopabase nun guindastre suxeito por unha eslinga que rompeu, o que provocou que a furgoneta caese sobre o operario.

O 112 Galicia tivo constancia sobre as 10:45 desta maña, a traves do 061-Urxencias Sanitarias. Acto seguido o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, do GES de Guitiriz e da Garda Civil. Unha vez no lugar dos feitos excarceraron ao traballador, pero a pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os efectivos sanitarios confirmaron o seu falecemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo