Morre unha muller nun accidente en Xermade

Un tráxico accidente de tráfico ocorrido esta tarde no concello de Xermade saldouse co falecemento dunha muller e varias persoas feridas, entre elas dous menores.

O suceso tivo lugar arredor das 18:50 horas na estrada LU-861, á altura do quilómetro 12, na parroquia de Candamil. Un particular contactou co 112 Galicia para alertar de que un vehículo saíra da vía e precipitárase por un barranco, quedando nunha zona de maleza e de difícil acceso.

Nada máis recibir o aviso, desde a central de emerxencias do 112 Galicia mobilizouse un amplo operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil.

Ao chegar ao punto, os equipos de intervención indicaron que todos os ocupantes do vehículo atopábanse fóra do habitáculo, pero foi necesaria a intervención dos bombeiros para o seu rescate debido á complexidade do terreo no que quedaron tras a caída.

Como consecuencia do accidente, unha muller perdeu a vida. Outra persoa foi evacuada en helicóptero ao Hospital Universitario da Coruña e dous menores estaban sendo atendidos no lugar polo persoal sanitario.

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com