" />

Morren dous homes nun choque frontal entre dous vehículos na Pobra do Brollón

Os feitos tiveron lugar na tarde do sábado cando chocaron dous vehículos que circulaban pola N-120 ao redor do punto quilométrico 512, á altura de Abrence, na Pobra do Brollón. Foi un particular quen contactaba co 112 Galicia para informar do accidente  e que podía haber xente atrapada no interior dos vehículos. Ademais, aseguraba que un dos coches fumeaba polo lateral.

Así, con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato aos Bombeiros de Monforte e aos membros do GES de Quiroga, así como ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados a Garda Civil de Tráfico, os efectivos de Protección Civil da localidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada.

Foi precisa a intervención dos Bombeiros para liberar aos tres ocupantes dos turismos, un deles falecido no mesmo lugar do accidente. As outras dúas persoas, unha delas ocupante do vehículo no que viaxaba o falecido e a outra persoa, ocupante do outro turismo, tras ser liberadas, foron trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao Hula, onde una delas faleceu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo