Mourelos, amigo triunfador

Desde hai corenta anos, Fonmiñá organiza a Semana de Cine de Lugo procurando, ademais da inmersión dos lucenses no cine de autor, complementar ese aluvión cinematográfico coas actividades que os orzamentos permiten para que cada Semana sexa un acontecemento para os moitos devotos do cine da nosa cidade.

E desde hai “14 Semanas”, catorce anos na vida real, demos en publicar en papel impreso vidas parellas en devoción polo cine, en vivir o cine, con nomes tan nosos como Prudencia Grifell, Carmen Correa, Frank Braña, Manuel Lourenzo, Mercedes Cora ou Rosario Durcal que viron a luz primeira en terras lucenses, ou de provincias veciñas como Ricardo Núñez, Antonio Casal, Enrique Muiño, ou Eduardo Fajardo para o que logramos do Concello de Meis o título de “Fillo predilecto”.
Este ano honramos a Antonio Mourelos, lucense, triunfador, que deu cursos de cine hai trinta e sete anos en Fonmiñá, pasou pola radio, pola doblaxe, pola Filmoteca de Galicia, e foi conquistado polo cine e a televisión para certificar o seu total dominio do noso audiovisual.

A fórmula do triunfo é moi sinxela: vocación, ilusión, formación, paciencia, esforzo, valía… eso percíbese no libro do que é autor Manuel Curiel, Director da Semana de Cine, e que ven ser unha agradable incursión na vida e na obra deste lucense do cine, na flor da vida, no mellor da súa carreira, do que queremos deixar constancia, sabendo que xogamos con ventaxa porque Antonio Mourelos é, desde sempre, profeta na súa terra.

Subímonos ao carro do triunfador para presumir de amigo, de actor, de lucense, de traballador infatigable, de home do cine que sempre estará “en idade de merecer”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com