" />

Música, gastronomía e artesanía, na Enfariñada de Trabada

O Concello de Trabada prepara, por segundo ano consecutivo a súa Festa Gastronómica da Enfariñada, unha cita na que a música, a artesanía e a gastronomía se integrarán nunha mesma celebración para o goce de todos os visitantes.

A xornada terá lugar o vindeiro domingo, 5 de maio, na praza do Concello. O recinto acollerá pola mañá, dende as 12.00 horas unha demostración de restauración-torno, da man de Vicente Ledo que irá seguida da actuación do Cuarteto Tradicional Illa Pancha.

Ás 13.30 horas, os asistentes poderán percorrer o Mercado de produtos Locais de Artesanía amenizado por Airiños da Freba, asemade, ese é o momento no que se empezará a gozar do produto estrela: a Enfariñada. Pola tarde, a partir das 16.30 horas, chegará o momento da actuación da gaiteira internacional Susana Seivane.

Despois do éxito da primeira edición, prevese que centos de persoas asistan a esta nova edición da Festa da Enfariñada de Trabada, convertindo desta maneira á cita gastro-cultural nun referente da Mariña Lucense e de toda a provincia de Lugo. En definitiva, un acontecemento gastronómico e cultural para toda a familia no que o prato típico de Trabada, a Enfariñada, se convertirá no elemento central en torno ó que confluirán a música e a artesanía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo