En Marea e Lugonovo mostran a súa satisfación ante a rectificación da Consellería para acabar coas carencias sanitarias de Lugo

Esta mañá, a edil de Lugonovo Cristina Perez e Paula Vázquez deputada de En Marea no parlamento de Galicia, mostraron a súa satisfación despois de que a federación de asociacións veciñais Lucus Augusti conseguise que a Xunta de Galicia tomase medidas ante as carencias sanitarias que existen na provincia de Lugo.

Paula, reivindicou que despois de case dez anos de abandono ao Antigo Hospital Xeral se lle debería dar un uso sanitario e que o centro da Milagrosa ten que ser desdobrado. A deputada tamén quixo alabar as mobilizacións cidadás, as reiteradas mocións de Lugonovo e as iniciativas parlamentarias de En Marea que conseguiron que finalmente o Conselleiro de Sanidade se convencese de que o barrio da residencia debería converterse no “barrio do benestar”.

A deputada  tamén destacou que “foi a cidadanía de Lugo a que lle dixo reiteradamente á Xunta que facía falta un novo PAC para a cidade, que a situación do Centro de Saúde da Milagrosa era insostible e que o barrio tiña as mellores aptitudes para acoller estas instalacións” e darlle unha oportunidade a un barrio golpeado polo desemprego a raíz da desaparición da antiga residencia.

Por outra banda, Paula manifestou as carencias educativas que tiña Lugo, sendo esta cidade a que peor ratio ten de escolas públicas con listas de espera de máis de 600 prazas.

A edil de Lugonovo tamén mostrou a súa satisfacción de que “por fin a Xunta de Galicia escoitase e acollese as reivindicacións que os veciños do barrio da Residencia levaban facendo desde hai seis anos“, pero, sen embargo, reivindicou que a reunión na que se falou do proxecto sanitario so foi un acto publicitario para presentar o boceto.

Cristina lembrou que a Xunta de Galicia se dirixiu publicamente ata en oito ocasións ao Concello de Lugo para que concedese os permisos que autoricen a iniciar os traballos, pero é preciso un proxecto definitivo que sustancie a licenza, e iso aínda non o teñen.

Por último, a edil quixo demostrar os seus argumentos rememorando a cantidade de infraestruturas paralizadas no municipio debido a falta de entendemento entre as distintas administracións. “Só fai falla rememorar a cantidade de infraestruturas paralizadas no municipio por culpa da falta de entendemento entre as distintas administracións: véxase o auditorio, a intermodal, a ponte sobre a N-VI a altura de Alfonso X, ata as obras no colexio das Mercedes sufriron os atrasos que motivan a ausencia de diálogo e a lentitude burocrática das institucións”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com