" />

No torneo “Mestres do Norte” particpan 400 xogadores de futbolín

A Asociación Lucense de Futbolín esgtá a desenvolver estes días o torneo “Mestres do Norte”, que comezou onte no soto da Praza de Abastos, coa colaboración do concello.

O torneo achega a Lugo a máis de 400 xogadores de futbolín, e acollerá a terceira edición do Campionato Estatal de Futbolín, un dos torneos máis importantes a nivel estatal.

A actividade comezou coa modalidade Parado, e desenvolveuse durante todo o día de onte. Hoxe o torneo continuará de 10:00 a 22:00 coa modalidade Movemento, nas  categorías Pro, Master e Avanzado.

O torneo rematará mañá luns 15 co torneo de seleccións organizado pola Federación Española de Futbolín, entre as 10:00 e as 15:00, e que xuntará aos mellores xogadores do estado.

A Asociación Lucense de Futbolín foi creada en 2018 co fin de promover e dar visibilidade a este deporte, fomentando a práctica deste xogo inventado polo galego Alexandre de Fisterra.

Foto de arquivo: campionato de futbolín en Rábade

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo