" />
Desinfeccion HULA

Nova caída do número de contaxiados pola Covid-19 en Lugo

A área de sanitaria de Lugo abandona por primeira vez a cifra de tres díxitos dende que comezara o andazo e sitúase en 99, os casos de infectados por coronavirus en Lugo e provincia. Se onte a noticia era que había un pequeno repunte de cinco novos casos, hoxe a baixada é de 23.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.510, deles 331 son da área da Coruña, da de Ourense, 93 da de Pontevedra, 401 da área de Vigo, 244 da de Santiago, e 65 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 102 están en unidades de hospitalización e 1.389 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.820 persoas curadas, rexistrándose 604 falecementos.

Trala revisión clínica dos casos, hai que engadir dous falecementos. Son un home de 70 anos e outro de 78 que estiveran ingresados no CHUS.

O número de PCR realizadas é de 124.108.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo