Nova concentración para reivindicar servizos no vello hospital

Unha nova concentración produciuse na tarde desta xoves para reivindicar a dotación de servizos no antigo hospital Xeral-Calde. Á mesma asistiron entre outros persoeiros, a alcadesa de Lugo, Lara Méndez, e a presidenta da Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia, Cecilia Vázquez, convocante desta concentración.

O acto convocouse para continuar reivindicando a dotación de servizos neste barrio co fin de reactivalo social e economicamente, logo do estado de abandono no que quedou tras o peche do Hospital Xeral, hai uns 5 anos, que está a derrubarse mentres a Xunta decide que facer con el, a pesar das numerosas peticións do Concello, que instou ao Goberno autonómico a acometer as obras de conservación do edificio para evitar que se agrave o deterioro e quede dana a estrutura deste emblemático edificio ao redor do que naceu e medrou o barrio.

A rexedora  lamentou o abandono ao que a Xunta somete a este barrio, “pois tras diversos usos reiterademente prometidos nada se sabe deles”. “Cinco anos despois, A Residencia non ten nin un laboratorio de saúde pública nin un PAC, ni nun centro de saúde, pero si conta cun vello complexo con buratos no teito e filtracións de auga”.

Méndez afirmou que “os únicos que estamos traballando polo futuro da Residencia somos o Concello e os veciños, a través da comisión municipal que temos en marcha para impulsar medidas que revitalicen o barrio”. Precisamente, esta tarde reuníase esta comisión municipal no Salón de Comisións do Concello, nunha sesión na que se acordou solicitar unha entrevista co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, así como realizar unha memoria do traballo realizado por esta mesa constituída en outubro en cumprimento dun acordo plenario aprobado por unanimidade.

Entre as actuacións levadas a cabo, a comisión realizou enquisas nos centros educativos da zona e mantivo sendos encontros co Subdelegado do Goberno, o xerente do SERGAS e a delegada da Xunta en Lugo, e realizou unha visita ao Materno Infantil, posto que non foi posible acceder ao edificio Xeral polo seu grao de deterioro.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com