Novas

250 novos premiados con bonos de 30€ na campaña ‘Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo’

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos no terceiro sorteo realizado no marco da campaña Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo, organizada pola Federación de Comercio de Lugo co financiamento da Deputación. No acto, realizado ante notario, tamén estivo presente o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas López, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto Garrido.

No sorteo celebrado hoxe participaron máis de 52.000 persoas que fixeron compras por un mínimo de 10€ no comercio minorista da provincia de Lugo. En total hoxe adxudicáronse 250 bonos de consumo por un importe de 30€ cada un, dos 1.000 dispoñibles, que poñerán en circulación 30.000€ en premios ao final da campaña.

A Deputación financia esta campaña promovida pola Federación de Comercio co obxectivo de apoiar o comercio de proximidade e incentivar o consumo nos últimos días do ano.

O PP lamenta que o Goberno “estivese en 2021 máis pendentes de vixilarse entre eles que de traballar por Lugo”

No pleno do debate do Estado da Cidade celebrado hoxe o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Ramón Carballo asegurou que “o goberno de esquerdas de Lugo toma decisións de forma improvisada (Carril Bici, Caldas do Miño); que hipoteca aos lucenses coas súas malas decisións (fábrica da luz e Garañón); que complica o tráfico en Lugo (non se dan alternativas para aparcar, seguimos sen ORA); que sigue bloqueando proxectos (a unión do Paseo Miño-Rato a apertura do novo Auditorio de Magoi); que asfixia ás familias con sobrecustes dos recibos da auga, ou con sablazos dos vados; que é incapaz de mellorar o aseo urbano; que permanece de brazos cruzados diante de problemas que afectan á seguridade cidadá (ordenanza convivencia, poñer coto a okupas, videovixilancia monumentos emblemáticos) que non soluciona os problemas do urbanismo (PXOM, PEPRI, colapso licenzas) e que perpetúa o modelo abusivo de contratos menores.

Durante a súa intervención Ramón Carballo destacou que “tanto o PSOE como o BNG teñen un déficit preocupante e galopante de escoita activa aos cidadáns”. Fronte a esta actitude o Partido Popular tende a man ao goberno de Lara Méndez e Arroxo como así o demostran as iniciativas presentadas ao longo deste ano. O voceiro popular concluiu “nós facemos unha política cos pés na terra, unha política útil para solucionar problemas do día a día dos veciños”.

Para o Grupo Municipal do Partido Popular o principal valor de Lugo son os os seus veciños e, por iso, o emprego e a atención ás persoas son prioritarios. “Os lucenses non queren un bipartito con dúas visións diferentes do municipio”, zanxou

“Estamos agora asentando as bases do que queremos que sexa Lugo na vindeira década”

A alcaldesa de Lugo realizou esta mañá, no Debate do Estado do Concello, unha análise da xestión do seu Executivo durante este ano, “un ano complexo e de gran dureza porque é o segundo en que, como Goberno e como sociedade, tivemos que facer fronte a todas as consecuencias sanitarias, sociais e económicas orixinadas e que aínda perduran derivadas da emerxencia da pandemia”.

A rexedora fixo un balance das distintas áreas de Goberno e destacou todas as iniciativas postas en marcha coas políticas de coidado e protección das persoas, a modernización da Administración e as estratexias encamiñadas a “converter os espazos públicos da capital na extensión do confort dos nosos fogares nesta Segunda Gran Transformación da cidade”, así como na proxección económica do municipio,  “unha das grandes apostas do meu Goberno”, no que o Concello está a desenvolver o maior investimento da súa historia.

Neste senso, a alcaldesa sostivo que “unha cidade que vive dos servizos como Lugo, se viu especialmente danada polas restricións derivadas da pandemia, o que nos levou a marcar unha folla de ruta clara e ambiciosa para impulsar a industrialización da cidade e diversificar os seus sectores produtivos, de xeito acorde co modelo de urbe sostible na que estamos a traballar”, e aclarou que “foron anos de abandono por parte da Xunta de Galicia, que non estableceu un plan industrial para a nosa cidade e Lugo non pode esperar máis tempo a que as Administracións con competencias para elo se poñan a traballar”.

A alcaldesa relatou o decálogo de medidas postas en marcha “con todas as ferramentas que están nas nosas mans para que Lugo medre, reteña o talento e atraia investimentos e empresas e, polo tanto, cree postos de traballo”. Entre elas, a estratexia Lugo Transforma, fondo municipal emprendedor “que aterrará sobre aproximadamente 50 empresas e que, extrapolando resultados de experiencias similares, agardamos, produza a creación de máis de mil postos de traballo directos e até o triplo de empregos indirectos, xerando un investimento inducido que superará os 60 millóns de euros por parte das empresas neste tempo”.

A Estratexia Lugo Transforma terá unha duración de dez anos, pero a atracción de capital é de cinco anos, e só no 2022 deberá de captar un mínimo de un millón de euros, “polo que, con estas medidas económicas, máis coa estratexia de deseño da nova cidade, comezada no mandato anterior, estamos asentando as bases do que queremos que sexa Lugo na vindeira década”.

Nese senso, pediu á Xunta de Galicia “que acompañe á cidade nos enormes retos que ten por diante e que impulse, xunto a nós, a marca propia verde que diferencia a Lugo do resto das urbes galegas, a que lle dá personalidade propia e que xa está a ter presenza recoñecida en ámbitos nacionais e internacionais, co fin de gañar en competitividade”.

E instou tamén ao Goberno galego a que cumpra os seus compromisos con Lugo e “active a Rolda Este; achegue o financiamento do Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando para situar a Lugo no lugar que lle corresponde como eixo central da cultura romana en Galicia; impulse da man do Concello a diversificación industrial; axilice a Intermodal e empece a investir no saneamento do rural os máis de 7 millóns de euros que ten recadado en Lugo nos últimos anos co canon da auga, unha taxa finalista que está obrigada a reverter no mesmo fin, e coa que aínda non financiou a primeira obra”.

Tamén instouna a repercutir en Lugo a factura COVID “xa que todas as accións de emerxencia as asumimos unicamente con recursos propios, tanto as competencias propias como tamén as impropias, as que son da Xunta (como servizos sociais, escolas infantís ou comedores escolares), que  fixemos nosas e atendemos porque todos os problemas da nosa veciñanza nos incumben como Administración”.

A rexedora tamén aseverou que o seu Goberno seguirá a reivindicar ao Goberno central o impulso das infraestruturas viarias e ferroviarias para que Lugo non perda oportunidades: a chegada á cidade do tren de alta velocidade, as conexións con A Coruña e Ferrol e a inclusión de Lugo no Corredor Atlántico Ferroviario de mercadorías son obxectivos irrenunciables para este Goberno”.

Débedas históricas

A rexedora realizou, así mesmo, un balance sobre as débedas históricas que este ano se cumpriron, como a regularización das vivendas da Croa, a zona de baño pública, a eliminación da pasarela da esquina de San Roque, a rexeneración do barrio de O Carme ou a mellora da accesibilidade da trama urbana co río.

Arranca a campaña ‘Localmente Lucense’, para o pulo da compra de proximidade

Esta mañá arrincou a campaña informativa do proxecto de dinamización económica ‘Localmente Lucense’ lanzada polo Goberno Local, que, cun investimento dun millón de euros, busca fortalecer e incentivar a compra nos comercios e na hostalaría de proximidade.

“Con esta iniciativa queremos encher de vida os nosos barrios a través do movemento #LocalmenteLucense’, que abandeira un sentimento de orgullo e defensa do noso”, sostivo a rexedora.

Para impulsar este proxecto, a cidade foi dividida en cinco agrupacións por barrios, cada unha coa súa identidade propia. Hoxe, a iniciativa comezou a desenvolverse na zona norte (A Milagrosa, Albeiros, Avenida da Coruña, Padre Feijóo e Garabolos), tendo como principal escenario a Praza da Milagrosa pola mañá, desde onde se realizaron accións itinerantes nas que varias persoas percorreron as rúas, comercios e locais de hostalería difundindo a campaña ‘Localmente Lucense’, ao tempo que facilitaban información de interese á veciñanza co obxectivo de transmitir a súa filosofía, darlle visibilidade a acción, potenciar a imaxe, introducir o proxecto en Lugo e conseguir adhesións dos diferentes establecementos. Ademais, levouse a cabo un obradoiro de chapas e fíxose entrega de material.

A seguinte ubicación para a promoción e posicionamento da campaña terá lugar esta tarde na Avenida da Coruña, esquina con Angelo Colocci, onde se repetirán as mesmas actividades.

A iniciativa enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo posta en marcha polo Concello para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19.

Así, nos vindeiros días #LocaLmenteLucense estará presente, seguindo este calendario, en diferentes puntos da capital.

27 de decembro

Pola mañá: Fonte dos Ranchos

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Praza do Castiñeiro

Das 16.00 ás 20.00 h

28 de decembro:

Pola mañá: Praza de Augas Férreas

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Horta do Seminario

Das 16.00 ás 20.00 h

 

29 de decembro:

Pola mañá: Fontiñas

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Sagrado Corazón

Das 16.00 ás 20.00 h

30 de decembro:

Pola mañá: Campo Castelo

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Campo Castelo

Das 16.00 ás 20.00 h

A CIG denuncia trato discriminatorio hacia os traballadores do mantemento de áreas verdes da Deputación

A CIG vén de denunciar o “trato discriminatorio” que sofren os traballadores do servizo de mantemento de áreas verdes da Deputación, quen durante lustros prestaron os seus servizos en Suplusa e, desde xaneiro de 2020, prestan os seus servizos en Tragsa.

Despois de que a Deputación apostara pola integración das plantillas dos distintos “chiringuitos”(denominación esta efectuada polo propio Presidente da deputación), decidiron, segundo lembra a central sindical, “facer excepción únicamente cos traballadores de mantemento de áreas verdes”, aos que subrogaron a Tragsa, “en discriminación incluso co resto de traballadores da plantilla de Suplusa que si foron integrados na Deputación”.

Estes traballadores ven como Tragsa “de forma continuada e pasiño a pasiño” pretende recortarlles dereitos, así xa no 2020 negaronlles a suba salarial do convenio colectivo de xardiñería, segundo di o sindicato; e, agora, “pretenden modificarlles a xornada, vulnerando así as condición laboráis que estes traballadores tiñan”.

“E todo isto feito coa complicidade do goberno da Deputación Provincial de Lugo”, denuncian. Desde a CIG denuncian que é “absolutamente incomprensible e discriminatorio” o tratamento da Deputación con estes traballadores, “pois os mesmos teñen pasado procesos de selección para acceder ás súas prazas, e non existe impedimento legal ningún para a súa subrogación”.

E, por riba, denuncian, “resulta unha práctica clasista por parte dun goberno progresista, que non ten problemas para subrogar persoal administrativo e técnico, pero que se desentende do persoal que viste funda de traballo, e permite alegremente que desde Trgsa se vaian vulnerando os dereitos dos mesmos”.

“Desde a CIG facemos novamante chamamento ao Goberno provincial a rectificar e proceder a abrir un proceso de subrogación de dito persoal, actuando por tanto co mesmo criterio para o conxunto de traballadores e traballadoras que prestaron servizos da institución a través de entes públicos asociados á mesma”, conclúen.

Xornada festiva para o CB Sarria coa presenza no Chanto de Erik Quintela, Jordan Sakho e Maximus

Erik Quintela, Jordan Sakho e a mascota Maximus visitaron esta tarde a xogadoras e xogadores do CB Sarriaos breoganistas sauda. Os breoganistas saudaron as e os deportistas do club, fixéronse fotografías e asinaron autógrafos no medio dun ambiente festivo no pavillón do Chanto.

Ao acto, organizado no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán manteñen para promocionar o deporte, asistiron tamén o responsable da Área Social do Breogán, Salva Arco, e o
deputado de Deportes.

O responsábel provincial destacou  “a calorosa benvida que as nenas e nenos do CB Sarria deron ao CB Breogán” e agradeceu a implicación do club breoganista nestas iniciativas que “xeneran ilusión entre os rapaces e rapazas e contribúen a afianzar o seu interese polo deporte”.

O club sarriao conta con máis de 250 deportistas e 11 equipos participando en competicións federadas, ademais de desenvolver unha importante labor de promoción do baloncesto en centros educativos da comarca de Sarria.

Alpha Wolf Pack acada 17 medallas, no Campionato de España de Jiu-Jitsu

O equipo lucense de Jiu-Jitsu Alpha Wolf Pack acadou a pasada fin de semana 17 medallas no Campionato de España de Jiu-Jitsu celebrado en Talavera de la Reina. O equipo, conformado por sete mozos acadaba 3 ouros, 8 pratas e 6 bronces.

Así, o equipo pode presumir de tres campións de España nas súas categorías: Marco Antonio Castrillón, cinturón azul que conseguía un ouro en categoría e unha prata en absoluto. Aída Piñeiro (cinturón branco) cun ouro con kimono e un bronce en No Gi. E Karen López que acadaba catro premios, un ouro en categoría No Gi, dúas pratas, unha en categoría en outra en absoluto No Gi e, por último, un bronce no absoluto con Kimono.

O resto de participantes do equipo tamén conseguiron chegar ao podium, quedando todos eles mínimo cunha plata e converténdose así, nos subcampións das súas categorías.

Resultados
Marco Antonio Castrillón (Cinturón Azul):
Oro en categoría (Campyeon de  España).
Plata en absoluto (le pararon la final por un tirón y no le dejaron seguir sino sería oro).

Aída Piñeiro (Cinturón Blanco):
Oro con kimono (Campeona de España).
Bronce en No Gi.
Karen López (Cinturón Azul):
Oro en categoría No Gi (Campeona de España)
Plata en categoría (Subcampeona de España).
Plata absoluto No Gi (Subcampeona de España absoluto).
Bronce en el absoluto con kimono.
Carlos Ríos (Cinturón Blanco):
Plata en No Gi (Subcampeón de España).
Bronce con kimono.
Dach Radic (Cinturón Blanco):
Plata en No Gi (Subcampeón de España).
Bronce con kimono.
Yoel Barrios (Cinturón Blanco Cadete):
Plata con kimono (subcampeón de España).
Luis Castaño (Cinturón Negro):
Plata categoría en No Gi (Subcampeón de España).
Plata absoluto con Kimono (subcampeón de España absoluto)
Bronce categoría con kimono.
Bronce Absoluto No Gi.
O equipo, vén de acadar tamén algúns dos mellores resultados na Madrid Cup celebrada 4 e 5 de decembro en Madrid  e en Salamanca, no Tormes Open FIJJD SPAIN,  SPAIN BJJ TOUR, do pasado 20 de novembro no que chegaron a acadar ata 3 ouros e quedando o lucense Wolf Pack no quinto posto por equipos.
Resultados Madrid Cup
Aida Piñeiro:
Plata con Kimono
Plata en No Fi
Borja Castaño:
Bronce con Kimono
Bronce en No Fi
Karen López:
Bronce con Kimono
Luis Castaño:
Plata con Kimono
Plata categoría en No Gi
 Bronce en absoluto No Gi
Resultados Tormes Open

Danijel Radic
Oro en No Gi
Plata con Kimono
Aida Piñeiro
Plata con Kimono
Plata en No Gi
Karen López
Plata en No Gi
Bronce con Kimono
Carlos Ríos
Plata en No Gi
Bronce con Kimono
Borja Castaño
Plata en No Gi
Yoel Barrios
Bronce con Kimono.
Luis Castaño
 Oro con Kimono
Oro en No Gi
Bronce Absoluto No Gi
* Alpha Wolf Pack 5° por equipos

Catro feridos, un deles moi grave, tras envorcar un vehículo en Lugo

A Policía Local auxiliou a pasada madrugada a catro mozos logo de ter un accidente de circulación na Ronda de Fingoi. Os feitos tiveron lugar ás 4,50 horas do día 22 de decembro o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Ronda de Fingoi, xa que se produciu un accidente de circulación.

Os axentes observan que un turismo saíuse da vía pola marxe dereita quedando no xardín existente na zona, despois de impactar contra un farol e envorcando sobre un dos seus costados. Compróbase que no interior áchanse catro novos, unha moza de 18 anos con feridas graves, que ocupaba o asento posterior do vehículo, o seu acompañante na parte posterior, un mozo con feridas de prognóstico reservado e resultando feridos de pouca consideración o condutor e o ocupante do asento dianteiro.

Auxilian aos ocupantes, sendo evacuados os feridos graves por ambulancias do 061 ao  HULA e practícanse probas de alcol e drogas ao condutor do vehículo, de 18 anos de idade, resultando negativas.

O instrutor do atestado, unha vez realizadas as investigacións oportunas, vista a traxectoria do vehículo, posición final e os elevados danos rexistrados, instrúe dilixencias por un delito contra a seguridade viaria por condución  temeraria, sendo o coche retirado por un guindastre ao depósito municipal.

 

CCOO e UXT convocan folga en Correos os días 5, 7 e 12 de xaneiro

CCOO e UXT denuncian que, “da noite para a mañá”, en decenas de carterías (unidades de repartición) de Correos, a empresa, “con nocturnidade e aleivosía” cambiou a organización do servizo, retirando o mobiliario e provocando que os carteiros clasifiquen os envíos no chan. O novo modelo imposto conleva”menos persoal, máis distancias, cambios de zonas de repartición permanentemente” e, por tanto, menos fiabilidade e calidade no servizo ao cidadán, “cun claro prexuízo para estes”.

Por iso, CCOO e UXT anuncian convocatorias de folga para os días 5, 7 e 12 de xaneiro, “tratando de frear a intención da dirección de Correos de converter os carteiros en rider”.

O novo modelo conleva, segundo explican, unha diminución de espazos e persoas das Unidades de Repartición destinadas ao Servizo Postal Público para deixar paso (como xa se fai en Oficinas e Centros de Tratamento) á paquetería comercial e rendible da filial Correos Express, que pretenden que sexa atendida con traballadores subcontratados e precarizados, como xa se fixo en plena pandemia.

A desaparición das seccións de repartición e os distritos como modelo de distribución é todo un alarde de afastamento da función social e pública de Correos, eixo dunha boa prestación á sociedade e do seu recoñecemento por parte dos cidadáns/ as, e un indicio claro de que camiñamos cara a un modelo cada vez máis “ao rider” na distribución, no que prima levar cousas, sexa o que sexa, en detrimento do servizo público postal e no que impere a precariedade, a flexibilidade e a perda de dereitos laborais.

Os carteiros agora cubrirán maiores distancias ao ter que asumir varias seccións do chamado sector, “ademais farano cun recorte de persoal (en dous anos recortáronse 7.000 empregos a pesar das convocatorias para a consolidación de emprego), por tanto, con moita máis carga de traballo, ademais de moita máis polivalencia, mobilidade funcional e responsabilidade”.

O “desmantelamento” do servizo de repartición “forma parte do Plan de Desmantelamento xeral de Correos que está a aplicar o presidente da compañía, Juan Manuel Serrano”, plan que foi rexeitado polo 75% da representación sindical de Correos o pasado 16 de decembro, cando a empresa puxo á sinatura, o que fai que careza de lexitimidade democrática para ser aplicado na maior empresa pública do país.

CCOO e UXT indican que este só é o principio dunha agresión que a empresa quere culminar o próximo 15 de xaneiro co cambio total do servizo de repartición e distribución de Correos, o que non pode quedar sen unha resposta movilizadora integral a nivel estatal. Por iso, ambas as organizacións iniciamos os trámites legais para a convocatoria de folga xeral para os días 5, 7 e paros parciais o 12 de xaneiro, cuxo obxectivo non é outro que o de paralizar ou reverter o desmantelamento que está a levar a cabo a dirección de Correos.

José Tomé rexistra a súa candidatura para liderar o PSdeG na provincia de Lugo

José Tomé Roca, Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación de Lugo, rexistrou na tarde de hoxe a súa candidatura ás primarias á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Lugo. Tal e como avanzou o pasado luns nunha rolda de prensa na cidade do Cabe, Tomé Roca formalizou a súa participación no proceso no primeiro día de prazo para facelo segundo o calendario aprobado polo Comité Provincial.

O rexedor monfortino e Presidente provincial subliñou que dá o paso coa vontade de poñer ó servizo do Partido Socialista no conxunto da provincia “toda a miña experiencia política, tanto orgánica como institucional, e toda a capacidade de traballo, de organización, de propostas e de dinamismo” que está demostrando no Concello e na Deputación, para, como fixo en Monforte, levar á organización “ás máximas cotas de apoio electoral e de representación institucional, porque iso será bo e iralle mellor á provincia de Lugo”.

Para elo, propón “unha estrutura orgánica, un modelo de funcionamento e un proxecto político que consolide e que mellore os resultados do Partido Socialista que hoxe temos na provincia de Lugo, de cara ás próximas eleccións municipais”, e que “toda esta forza municipalista sirva de palanca de impulso para contribuír e ser determinantes para lograr o cambio na Xunta de Galicia en 2024, porque, despois doutra etapa de 16 anos do Partido Popular á fronte da Xunta, Galicia necesita dun Goberno liderado polo Partido Socialista”. “Lugo foi determinante nas primarias do Partido Socialista de Galicia e quero que tamén sexamos determinantes na próximas eleccións autonómicas e estatais”, engadiu.

“Quero un partido que mire para o futuro e para os lucenses. Un partido forte, unido, integrador, que garanta o intercambio de ideas e de comunicación entre a militancia, dándolles participación ós Alcaldes e alcaldesas e Voceiros e Voceiras na súa labor diaria”, asegurou Tomé.

En canto ós obxectivos, propón catro liñas de traballo: “ensanchar as bases do partido, recuperando a capacidade para ilusionar e atraer a todas persoas que queiran traballar pola provincia de Lugo; ofrecer asesoramento técnico e político, apoio e formación, ós que poidan acudir todos os compañeiros e compañeiras para facer o seu traballo diario nos concellos, para plantexar mocións, para darlles información ou para axudarlles na súa relación cos medios de comunicación, tanto nas tarefas de goberno, como na oposición; fomentar a participación para que o partido funcione como unha canle de comunicación permanentemente aberta, capaz de escoitar, de dar resposta ás dúbidas e de aportar ideas para convertelas en propostas que sexan de utilidade para o conxunto; e máis coordinación e difusión das mensaxes para darlles maior repercusión e que cheguen a máis xente, porque a comunicación interna é unha ferramenta que fai mellorar calquera organización”, explicou.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com