Arranca a campaña ‘Localmente Lucense’, para o pulo da compra de proximidade

Esta mañá arrincou a campaña informativa do proxecto de dinamización económica ‘Localmente Lucense’ lanzada polo Goberno Local, que, cun investimento dun millón de euros, busca fortalecer e incentivar a compra nos comercios e na hostalaría de proximidade.

“Con esta iniciativa queremos encher de vida os nosos barrios a través do movemento #LocalmenteLucense’, que abandeira un sentimento de orgullo e defensa do noso”, sostivo a rexedora.

Para impulsar este proxecto, a cidade foi dividida en cinco agrupacións por barrios, cada unha coa súa identidade propia. Hoxe, a iniciativa comezou a desenvolverse na zona norte (A Milagrosa, Albeiros, Avenida da Coruña, Padre Feijóo e Garabolos), tendo como principal escenario a Praza da Milagrosa pola mañá, desde onde se realizaron accións itinerantes nas que varias persoas percorreron as rúas, comercios e locais de hostalería difundindo a campaña ‘Localmente Lucense’, ao tempo que facilitaban información de interese á veciñanza co obxectivo de transmitir a súa filosofía, darlle visibilidade a acción, potenciar a imaxe, introducir o proxecto en Lugo e conseguir adhesións dos diferentes establecementos. Ademais, levouse a cabo un obradoiro de chapas e fíxose entrega de material.

A seguinte ubicación para a promoción e posicionamento da campaña terá lugar esta tarde na Avenida da Coruña, esquina con Angelo Colocci, onde se repetirán as mesmas actividades.

A iniciativa enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo posta en marcha polo Concello para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19.

Así, nos vindeiros días #LocaLmenteLucense estará presente, seguindo este calendario, en diferentes puntos da capital.

27 de decembro

Pola mañá: Fonte dos Ranchos

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Praza do Castiñeiro

Das 16.00 ás 20.00 h

28 de decembro:

Pola mañá: Praza de Augas Férreas

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Horta do Seminario

Das 16.00 ás 20.00 h

 

29 de decembro:

Pola mañá: Fontiñas

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Sagrado Corazón

Das 16.00 ás 20.00 h

30 de decembro:

Pola mañá: Campo Castelo

Das 10.00 ás 14.00 h

Pola tarde: Campo Castelo

Das 16.00 ás 20.00 h

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com