Novas

Baixan os novos positivos e os casos activos por Covid na área sanitaria de Lugo

O número de casos activos baixa por terceiro día consecutivos na área sanitaria de Lugo, 19 menos que onte. Os novos positivos tamén baixan na últimas 24 horas tal e como notifica o Sergas na súa última actualización, na que indica que o número de novos infectados é de 78.

En Galicia o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.622 deles 4.144 son da área da Coruña, 2.212 da de Lugo, 1.664 da de Ourense, 2.703 da de Pontevedra, 4.646 da área de Vigo, 2.216 da de Santiago e 1.037 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 257 en unidades de hospitalización e 18.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 139.948 persoas curadas, rexistrándose 2.479 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.588.456.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.557.726.

Un home perde a vida nun accidente de tractor en Lugo

Na tarde de hoxe, un home perdeu a vida despois de envorcar o tractor que manexaba no concello de Lugo. Nada máis recibir o aviso por parte dos xestores do 112, os servizos de emerxencias acudiron ao lugar, pero soamente puideron confirmar o seu falecemento.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o accidente produciuse ás 18:30 horas. Nese momento, unha persoa particular chamou ao 112 para informar dun tractor envorcado nun terraplén preto da estrada que une Lugo e O Páramo.

No seu relato, a persoa non sabía precisar o que sucedera pero informaba que era posible distinguir unha persoa debaixo do vehículo agrícola sinistrado.

Decontado,  os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de emerxencias, dos Bombeiros de Lugo, da Garda Civil de Tráfico, dos axentes da Policía Nacional e Local e tamén dos voluntarios de Protección Civil.

A Asociación Si, hai saída cre que as novas medidas contra a violencia de xénero aprobadas polo Goberno chegan tarde, son insuficientes e amosan, unha vez mais, o descoñecemento da realidade das vítimas.

Comunicado Asociación Si, hai saída.

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, en relación coas novas medidas aprobadas polo Goberno a pasada semana, desexamos manifestar o seguinte:

. En primeiro lugar, cremos que é absolutamente indignante cualificar de “urxentes” unhas medidas, que son, na súa maioría, sinxelamente, cuestión de puro sentido común, que chegan despois de que 28 mulleres ata a data da súa aprobación, 30 na actualidade, 31 de confirmarse que tamén o é o da muller cuxo cadáver foi achado no interior dun camión en Nombela (Toledo) e 3 menores foran asasinados no que vai de ano por mor da violencia machista.

. En canto as propias medidas, e dado que se faría demasiado extenso analizar por este medio unha por unha todas e cada unha delas, imos debullar tan so algunhas das que nos parecen mais significativas e que deixan claro que, unha vez mais, a loita contra violencia de xénero se está a xestionar única e exclusivamente desde os despachos, sen ter en conta a auténtica realidade das vítimas, que segue a ser, obviamente, a gran descoñecida.

.Impulso dos puntos violeta en establecementos comerciais, que serán, din desde o Goberno, un lugar seguro, de apoio para as vítimas.

Os establecementos que desexen adherirse a esta iniciativa deberán descargar unha guía a que se poderá acceder de xeito físico ou a través dun código QR que permitirá informar as vítimas sobre como iniciar o camiño para saír da súa situación e pedir axuda.

A nosa pregunta é, quen se vai encargar de facilitarlles esa información?.

Os traballadores dos comercios?. Vai ser esta tamén unha das súas obrigas?.

Acaso todos eles son especialistas en violencia de xénero, se lles vai formar, ou ben van empregar en cada establecemento adherido a alguén que si o sexa?.

Porque, de non ser así, entendemos que, como é lóxico, pouco mais poderán facer que facilitarlles algún tríptico, folleto, etc, etc, no que se lles informe dos recursos aos que poden acceder.

Non podemos obviar, ademais, a circunstancia de que, en moitos casos, non é a propia vítima a que solicita esa información, se non alguén da súa contorna, familiar, amigo…..

. Formación regrada e obrigada para os axentes de policía, persoal xudicial, etc, necesaria, sen dúbida, pero que, entendemos, non é a maior eiva existente neste eido, xa que a maioría a teñen, pero, lamentablemente, unha vez mais se obvia o mais importante, e que, por mais que cantos traballamos directamente coas vítimas o pregamos se teña en conta, é inútil.

Facer un curso, ou varios, obter un diploma, unha certificación, é relativamente doado, pero, como se asegura a sensibilidade, a capacidade para empatizar, a humanidade, imprescindibles para asistir, asesorar e reconfortar a mulleres que están, nunha gran maioría totalmente conmocionadas, asustadas e cun mais que fundado temor ante a incerteza do que lles agarda?.

Que curso de formación garante que non se dean situacións tan sangran tes como, por exemplo, que unha vítima sexa atendida por un policía que, a súa vez, na súa vida privada, é un maltratador, que a vítima acabe diante dun xuíz que é un machista de manual, ou mesmo diante dunha muller policía que, malia o seu xénero, e que se tenda a presupoñer o contrario, pode ter empatía cero coa vítima?.

E estas non son situacións inventadas, se non reais, e que mais dunha vítima viviu e vive, sendo esta unha problemática das mais graves, pero que semella que todo o mundo ignora ou, aínda peor, quere ignorar.

. Reforzar a seguridade das vítimas e dos seus fillos, malia que non exista denuncia, así coma aquelas que renuncian a continuar con procedemento.

Unha vez mais reiteramos que é, sinxelamente, imperdoable que a violencia machista tivera que acadar unhas cotas tan dantescas para que desde o Goberno se propoña tal medida, máxime cando todos sabemos que son moitos os casos nos que, por exemplo, mulleres con ordes de afastamento en vigor, foron asasinadas por non contar co seguimento e a protección adoitadas e a que tiñan todo o dereito, malia o cal non se lles prestou, sendo isto mais evidente en períodos vacacionais como poden ser Nadal, ou o verán.

Moitas veces se tentou xustificar algo tan grave alegando falta de efectivos, polo que resulta como mínimo curioso que, de súpeto, esa falta xa non represente un problema.

Por outra banda, obviar a denuncia non é a solución, e o único que se consigue con isto é garantir a impunidade do maltratador e fomentar, porén, que continúe agredindo.

. Promover o adecuado tratamento das noticias e da información sobre a violencia de xénero que se ofrece polos distintos medios de comunicación e evitar que a publicidade ofreza unha imaxe “cosificadora da muller”.

Pouco se pode dicir acerca dunha medida que contradise de cheo coa actitude dun Goberno que amosa claramente o seu apoio e prodiga ademais a súas aparicións nunha canle de Tv. que é o exemplo mais evidente desa imaxe “cosificadora da muller” e que convirte a violencia de xénero nun negocio indecente, converténdoa nun auténtico reallity co fin de acadar audiencia e lucrarse.

. Así mesmo, en canto a violencia vicaria, unha das caras mais crueis da violencia de xénero, e na que, de súpeto, case todo o mundo é experto, temos que lamentar que semelle ter sido descuberta agora, porque neste país, a estas alturas, xa queda claro que aquelo que non se mediatiza, non existe.

Poderíamos seguir, pero, como xa dixemos, sería demasiado extenso.

Imos rematar incidindo en que, no que atinxe a violencia de xénero, toda medida para tentar paliala é, obviamente, benvida, pero, lamentablemente, unha vez mais, por desgraza coma case sempre, imos tarde, mal e non son suficientes, nin totalmente realistas, algo inevitable cando non se coñece a realidade, ou non se quere coñecer.

Asociación Si, hai saída

 

Retomanse as obras do carril bici en Marqués de Ombreiro

Retomaranse as obras do carril bici na avenida Marqués de Ombreiro, para as que o executivo municipal tivo en conta as propostas achegadas pola veciñanza, co fin de conciliar as necesidades dos residentes, co deseño da nova senda verde da cidade.
O pasado día 7 de xullo, a rexedora mantivo unha reunión cos residentes da zona de Marqués de Ombreiro e do barrio da Residencia para presentarlles, in situ, as alternativas, elaboradas polos técnicos municipais, ao proxecto do carril bici nesta zona, en resposta ás preocupacións trasladadas polos veciños e veciñas.
En dita reunión acordouse realizar o repintado da avenida Marqués de Ombreiro para que pase a ser dun único sentido de circulación, desde a rúa que baixa desde Avenida das Américas (fronte ao Mercadona) ata a rúa Músico Falla, en sentido descendente cara ao río. No carril eliminado gañaranse prazas de aparcamento en paralelo ao carril bici. Mentres que a reordenación do tráfico de subida realizarase pola rúa Músico Falla ata Avenida das Américas. Deste xeito, o número de prazas de estacionamento que se acadarán en Marqués de Ombreiro situarase por encima do centenar.
Ademais, a rexedora explicou que “debido á proximidade da actuación e á gran demanda de aparcamento nesa zona, estamos a estudar a viabilidade de repintar o aparcamento en batería ou en espiga na rúa Mestre Soutullo, paralela a Marqués de Ombreiro.

O carril bici é un proxecto enmarcado na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% polo FEDER. A través desta iniciativa, pretendese
cambiar a mobilidade da cidade para crear alternativas saudables, recuperando espazos para os peóns e as bicicletas e reducindo o uso dos vehículos particulares para acadar un modelo de urbe sostible e moderna, como marca a Unión Europea e como fixan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Así mesmo, busca unir 8 barrios da cidade coa contorna do Miño, para que os e as lucenses deixen de vivir ás costas do enclave fluvial, unha das máis importantes demandas cidadás. En total, serán 14 quilómetros de percorrido que se executarán na zona DUSI, e que se estenderán en vindeiras fases cara outras zonas como a universitaria.

Continúa a baixar o número de casos activos por Covid

Por segundo día consecutivo baixa o número de casos activos na área sanitaria de Lugo, 26 menos que na xornada de onte. En canto aos novos positivos tamén descenden, aínda que se seguen a superar os cen, 103 nas últimas 24 horas.

No total de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.771 deles 4.091 son da área da Coruña, 2.231 da de Lugo, 1.715 da de Ourense, 2.894 da de Pontevedra, 4.590 da área de Vigo, 2.260 da de Santiago e 990 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 261 en unidades de hospitalización e 18.468 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 138.762 persoas curadas, rexistrándose 2.474 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.581.388.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.525.942.

Lixeira baixada no número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas o Sergas notificou 128 novos positivos por Covid na área sanitaria de Lugo, unha cifra inferior a dos notificados o domingo que era de 170. No tocante aos casos activos hai unha lixeira melloría xa que se rexistra unha baixada con nove casos menos e sitúase en 2.257 casos.

En Galicia o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.807 deles 4.002 son da área da Coruña,  1.763 da de Ourense, 2.925 da de Pontevedra, 4.577 da área de Vigo, 2.302 da de Santiago e 981 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 285 en unidades de hospitalización e 18.479 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 137.899 persoas curadas, rexistrándose 2.464 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.575.376.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.523.861.

O novo filme de Naomi Kawase e as secuelas do brexitesta semana en Codex Cinema

Esta semana estréase en Lugo a nova película dunha das cineastas máis relevantes no circuíto de festivais das últimas dúas décadas. A intimista e persoal obra de Naomi Kawase regresa a Codex  coa súa última cinta, Nais verdadeiras, que xira arredor dun dos temas centrais da filmografía da cineasta xaponesa: a maternidade. Kawase, que comezou no cinema documentando a modo dediario íntimo o seu propio proceso de dar a luz, volveu continuamente sobre os temas dos cambios que se producen nunha muller cando concibe un fillo, as relacións de sangue que se establecen e tamén os cambios sociais que se produciron nas familias durante estes últimos anos en canto a
definición de familia tradicional.

Todos estes temas están moi presentes non só nas películas de Kawase, senón que é unha cuestióncandente nunha sociedade que mestura de forma radical a tradición e a modernidade como a xaponesa. Así, a cineasta segue Satoko, unha moza que loita desesperadamente por dar a luz, mais de forma infrutuosa ata que coa axuda dunha asociación decide adoptar a un neno. O tempo pasa e a
familia crece feliz, como se esa ligazón entre nai e fillo fose natural, mais todo cambia cando aparece a nai orixinal do neno e reclama a súa maternidade.

Kawase ofrece outra lección de cine íntimo e conmovedor, cheo de imaxes poderosas onde o concepto de maternidade e de natureza virxe van da man. O poder dos elementos (vento, auga, lume) teñen unha forza especial, como se fosen puntuando un drama terrible que se ofrece de maneira moi coidadosa e humana. Nais verdadeiras foi seleccionada para participar no festival de Cannes de 2020 que finalmente non se celebrou pola urxencia sanitaria do coronavirus, o que fixo que terminase tendo a súa estrea mundial no festival de Toronto, para logo pasar por San Sebastián e acabar sendo seleccionada por Xapón para representar ao país nos Óscar de Hollywood.

Acompañando ao filme de Kawase, Codex Cinema estrea tamén esta semana Pequenos milagres en Peckham St., unha moi particular comedia coral dirixida polas cineastas búlgaras Vesela Kazakova e Mina Mileva, que debutan na ficción con esta longametraxe. O filme segue as experiencias dunha comunidade búlgara no Londres posterior ao brexit. A relación dos inmigrantes búlgaros con outras comunidades de orixe non británico é o motor dunha película que desde o humor fala da necesidade de respecto e convivencia.

O filme xira arredor dun gato que é descuberto nun oco da parede da vivenda dos protagonistas, que fará que cambie a vida de todo un edificio de veciños de diversa índole. A pesar de ser luminosa e positiva, a película consegue ser un acertado análise de todas as consecuencias políticas e sociais
dun acontecemento histórico tan relevante como a saída do Reino Unido da Unión Europea. O filme presentouse no festival de Locarno de 2019 antes de ter a súa premiere española na Seminci de Valladolid, un dos festivais máis antigos de Europa. Despois dunha larga vida en festivais de todo o continente, chega a Lugo este próximo venres.

Outra suba de novos contaxios eleva a cifra en Lugo a 2266 persoas contaxiadas por Covid-19

Logo do pequeno respiro de onte, unha nova onda, esta vez de 170 novos casos, fai subir a cifra a 2266 persoas infectadas pola Covid-19, corenta e oito  mías que nas anteriores 24 horas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.964 deles 3.946 son da área da Coruña, 1.871 da de Ourense, 2.947 da de Pontevedra, 4.684 da área de Vigo, 2.293 da de Santiago e 957 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 272 en unidades de hospitalización e 18.648 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 136.806 persoas curadas, rexistrándose 2.461 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.569.629 e o de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.523.442.

Lixeiro descenso no ritmo de contaxios por Covid na área sanitaria de Lugo

Os novos contaxios rexistran un pequeno descenso tras varios días nos que se superaban os 140 novos positivos. O Sergas notificou nas últimas 24 horas, 123 novos positivos na área sanitaria de Lugo e aínda que se manteñen o número de persoas en UCI (tres) tamén descende o número de hospitalizados en planta, 4 menos.

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.869: deles 3.827 son da área da Coruña, 2.218 da de Lugo, 1.983 da de Ourense, 3.015 da de Pontevedra, 4.539 da área de Vigo, 2.324 da de Santiago e 963 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 261 en unidades de hospitalización e 18.568 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 135.602 persoas curadas, rexistrándose 2.460 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.561.088.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.510.424.

Presentado o libro en homenaxe a Araceli Herrero Figueroa “ O Sorriso de Lilí”

Nun acto celebrado na Biblioteca Provincial de Lugo, o Colectivo Egeria vén de presentar o libro “O Sorriso de Lilí”, unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa. A presentación tivo lugar na ampla entrada da Biblioteca, ante a imposibilidade de acoller no salón de actos aos máis de oitenta asistentes.

“O Sorriso de Lilí”, coordinado por Antonio Giz e Xulio Xiz, conta con sesenta e nove colaboracións de amigos, compañeiros, familiares, ou persoeiros das letras de Galicia, dos que,  trinta deles mencionaron nos seus traballos o luminoso sorriso (por veces pícaro, por veces “socarrón”, sempre amistoso) que caracterizaba a Araceli Herrero, e que da título ao libro.

Participaron no acto, entre outros, Xulio Xiz, condutor do acto;  Ramón Reimunde Noreña, profesor e escritor; Bernardo Penabade, profesor; Francisco José Silvosa Costa, compañeiro de Araceli e profesor da Facultade de Maxisterio; Gustavo Vázquez Herrero,

Máis información: Web do proxecto


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com