" />

Nove centros educativos de Lugo mellorarán as súas instalacións cunha achega da Xunta

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional impulsa obras de mellora en nove centros educativos da capital luguesa, para as que destina un orzamento de 170.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que se trata de actuacións moi diversas que atenden ás necesidades de cada centro, co obxectivo de “preservar o bo estado das instalacións educativas para garantir que a actividade docente se leve a cabo nun entorno confortable e seguro”.

Entre as obras previstas figuran a mellora dos baños da primeira planta do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Paradai; os da planta baixa do CEIP As Mercedes e aseos exteriores do CEIP Manuel Mallo Mallo. No CEIP Anexa arranxarase unha escaleira de acceso ao patio; no CEIP Illa Verde vanse cambiar instalacións de saneamento e, no CEIP A Ponte haberá actuacións para aumentar a accesibilidade.

Así mesmo, faranse melloras na instalación eléctrica do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Politécnico e do CEIP de Casás, e realizaranse tarefas de mantemento do sistema eléctrico no CEIP de Albeiros.

A Consellería ten a intención de realizar as actuacións aproveitando as xornadas non lectivas e pretende acometer algunhas delas durante o Entroido e a Semana Santa e o resto no verán, co obxectivo de que estean rematadas de cara ao vindeiro curso.

Balseiro salientou que a Xunta “proxecta periodicamente estas obras de mellora para garantir que os centros educativos estean na mellor situación, ao servizo do conxunto da comunidade escolar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo