Noventa e sete lucenses que estaban no paro comezaron a traballar

Noventa e sete lucenses que estaban no paro, comezaron a traballar en 29 municipios da provincia grazas ao DEPUEMPREGO. É o plan de emprego da Deputación nos Concellos de menos de 20.000 habitantes mediante o cal o Goberno Provincial decidiu financiar con 3 millóns de euros os custos laborais pola contratación de novos traballadores, que reforcen a prestación de servizos públicos municipais aos veciños. Cumpre unha dobre función en beneficio dos lucenses e do rural: creación de emprego e asistencia aos Concellos.

Cómpre subliñar que, ademais, hai outros 10 Concellos que se atopan no período de selección doutros 32 traballadores. Estes son:

Mondoñedo, que solicita 1 educador social, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 historiador e 1 peón; Castro de Rei: 4 peóns; Xove, 1 administrativo; O Corgo: 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda, Barreiros: 2 peóns; Navia de Suarna: 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; Negueira de Muñiz: 2 peóns; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Ribadeo, 1 dinamizador de telecentros, 1 auxiliar administrativo de intervención e 1 bibliotecario; O Incio, 8 peóns.

Distribución dos 97 traballadores

Os 29 Concellos que xa contan con estes 97 traballadores novos, cuxos custos laborais se financian na súa totalidade a través do DEPUEMPREGO, son os que se apuntan a continuación:

 Na Mariña son 17 postos de traballo en 8 Concellos: Abadín, 3 peóns; Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples; Xove, 1 coidador; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo e Ribadeo; 1 técnico de turismo.

 Na zona Centro son 29 postos de traballo en 7 Concellos: Begonte, 6 peóns; Meira, 2 peóns; O Páramo, 1 animador sociocultural; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor; Cospeito,  3 peóns e Outeiro de Rei,  1 administrativo e 6 operarios.

 Na Montaña son 9 postos de traballo en 4 Concellos: Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.

 Na zona Sur son 29 postos de traballo en 8 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpiador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes; Sober, 2 peóns servizos; 1 pintor; 1 técnico turismo; 1 auxiliar viticultura 1 monitor deportivo e 1 técnico.

 Na Comarca da Ulloa son 13 postos en 2 Concello: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns protección civil; 1 enxeñeiro; 2 auxiliares; 1 peón.

 263 empregos en total

A Deputación financia un total de 263 postos de traballos nos 66 Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Faino con 3 millóns de euros do DEPUEMPREGO. O Goberno decidiu distribuír estes fondos en base a criterios obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais.

 Abadín: pediu 3 peóns. A Deputación asume os custos laborais e de seguridade social destes novos traballadores con 51.470,60 euros do DEPUEMPREGO; Alfoz: 1 peón e 2 auxiliares administrativos. 44.251,35 euros; Antas de Ulla: 5 peóns. 39.438,50 euros; Baleira: 1 peón conductor e 2 peóns de obra. 41.844,92 euros; Baralla: 3 peóns. 39.438,50 euros; Barreiros: 2 peóns. 39.438,50 euros; Becerreá: 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico forestal. 41.844,92; Begonte: 6 peóns. 39.438,50 euros; Bóveda: 2 peóns. 34.625,67 euros; Burela: 2 conserxes, 2 xardineiros e 2 albaneis. 29.812,83 euros; Carballedo: 2 peóns e 1 responsable de información turística. 51.470,59 euros; Castro de Rei: 4 peóns. 58.689,84 euros; Castroverde: 4 peóns. 41.844,92 euros; Cervantes: 1 tractorista e 1 peón. 44.251,34 euros; Cervo: 5 peóns. 37.032,09 euros; O Corgo: 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda. 49.064,17 euros; Cospeito: 3 peóns. 53.877,01 euros; Chantada: 3 peóns, 2 condutores, 1 palista e 1 albanel. 65.909,09 euros; Folgoso do Courel: 1 peón e 1 técnico de turismo. 32.219,25 euros; A Fonsagrada: 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de policía local, 1 condutor moto-niveladora, 1 subalterno e 2 peóns. 65.502,67 euros; Foz: 1 administrativo e 1 auxiliar administrativo. 37.032,09 euros; Friol: 4 peóns. 65.909,09 euros; Guitiriz: 2 peóns, 1 conserxe condutor, 1 arquivador e 1 dinamizador socio-cultural. 68.315,51 euros; Guntín: 1 administrativo e 2 peóns. 46.657,75 euros; O Incio: 8 peóns. 41.844,92 euros; Láncara: 4 peóns e 1 monitor de ocio e tempo libre. 46.657,75 euros; Lourenzá: 2 peóns e 1 técnico de turismo. 37.032,09 euros; Meira: 2 peóns. 32.219,25 euros; Mondoñedo: 1 educador social, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 historiador e 1 peón. 41.844,92 euros; Monforte de Lemos: 2 peóns e 1 auxiliar administrativo. 63.502,67 euros; Monterroso: 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra e 1 conserxe. 41.844,92 euros; Muras: 1 orientador, 1 enxeñeiro agrónomo, 1 administrativo, 1 capataz e 1 operario de servizos múltiples. 49.064,17 euros; Navia de Suarna: 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo. 39.438,50 euros; Negueira de Muñiz: 2 peóns. 29.812,83 euros; As Nogais: 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades. 32.219,25 euros; Ourol: 1 electricista, 1 operario condutor e 5 peóns forestais. 53.877,01 euros; Outeiro de Rei: 1 administrativo e 6 operarios. 49.064,17 euros; Palas de Rei: 4 peóns de protección civil, 1 enxeñeiro, 2 auxiliares axuda ao domicilio e 1 peón. 63.502,67; Pantón: 1 peón, 1 traballadora social e 1 técnico informático. 51.470,59 euros; Paradela: 2 peóns. 44.251,35 euros; Páramo: 2 peóns e 1 animador socio cultural. 39.438,59 euros; Pastoriza: 3 peóns. 49.064,17 euros; Pedrafita do Cebreiro: 1 oficial de segunda e 2 peóns. 32.219,25 euros; Pobra do Brollón: 1 técnico de medio ambiente, 1 peón forestal e 1 peón de obra. 39.219,25 euros; Pol: 4 peóns. 39.438,50 euros; A Pontenova: 1 chofer maquinaria e 1 auxiliar administrativo. 34.625,67 euros; Portomarín: 2 peóns de obras, 1 peón de xardinería. 39.438,50 euros; Quiroga: 1 electricista, 2 albaneis, 1 limpador, 1 técnico de medio ambiente, 1 animador socio cultural e 1 auxiliar administrativo. 44.251,34 euros; Rábade: 1 peón especialista e 1 administrador de primeira. 27.406,42 euros; Ribadeo: 1 dinamizador de telecentros, 1 auxiliar administrativo de turismo e albergue, 1 auxiliar administrativo de intervención e 1 bibliotecario. 46.657,75 euros; Ribas de Sil: peóns varios. 32.219,25 euros; Ribeira de Piquín: 3 peóns. 29.812,83 euros; Riotorto: 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardíns. 34.625,67 euros; Samos: 3 peóns. 39.438,50 euros; Sarria: 1 informático e peóns varios. 65.909,09 euros; O Saviñao: 6 peóns albaneis, 1 limpador e 1 administrativo. 61.096,26 euros; Sober: 2 peóns servicios múltiples, 1 peón pintor, 1 técnico de turismo, 1 auxiliar de viticultura, 1 monitor deportivo e 1 técnico. 53.877,01 euros; Taboada: 1 monitor de deportes, 1 peón de obras e 2 oficiais de primeira. 49.064,17 euros; Trabada: 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico, 1 técnico deportivo e 1 peón. 41.844,92 euros; Triacastela: 3 peóns. 29.819,83 euros; O Valadouro: 5 oficiais de primeira e 1 monitor socio cultural. 49.064,17 euros; O Vicedo: 2 peóns e 1 administrativo. 41.844,92 euros; Vilalba: 3 peóns obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico informático administrativo e 1 técnico en administración. 92.379,68 euros; Viveiro: 3 oficiais e 4 peóns. 63.502,67 euros; Xermade: 3 peóns. 51.470,59 euros; Xove: 1 administrativo e 1 coidadora. 37.032,09 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com