Novo incremento de infectados por Coranavirus na Área de Lugo

Volven subir os casos de persoas doentes pola Covid-19 na Área sanitaria de Lugo, 23 máis que onte. De momento non se pode achacar dito incremento de casos ás celebracións do Nadal. Pero ese momento chegará na primeira quincena do vindiro mes, nese momento  saberemos do comportamento da cidadania durante estes quince días de festa. Agardemos que non teñamos que lamentar a irresponsabilidade de algúns.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.508, deles 860 son da área da Coruña, 397 da de Lugo, 525 da de Ourense, 866 da de Pontevedra, 1.177 da área de Vigo, 1.347 da de Santiago, e 336 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 295 en unidades de hospitalización e 5.155 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 54.795 persoas curadas, rexistrándose 1.370 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.096.748.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com