O 112 rexistrou máis de 200 incidencias relacionadas coa Festa do Lume Novo , 18 delas en Lugo

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou máis de 200 incidencias relacionadas coa Noite do Lume Novo coñecida tamén por Noite de San Xoán.

Esta noite celebrase prendendo grandes fogueiras, denominadas tamén lumieiras ou cacharelas. Entre outros moitos fins, a celebración buscaba a purificación do aire, así tamén coas súas labaradas, axudarlle ao sol a ter máis forza. Tamén axudaban estes lumes a descubrir os diaños e trasgos que habitaban na escuridade.

Coa irrupción da relixión cristiá en Europa, todos estes ritos e crenzas foron adaptados e santificados para que o pobo seguira acudindo a eles aínda que con outro nome. Isto axudou a implantar esta relixión ao tempo  que foi esquecéndose a súa verdadeira orixe.

Maioritariamente, as chamadas producíronse por fogueiras descontroladas ou sen autorización, solicitude de asistencia médica por inxesta de alcohol e o requirimento das forzas da orde por mor de pelexas e vandalismo.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que aglutinaron o maior número de incidencias, de forma que se rexistraron 92 na Coruña e 87 en Pontevedra, seguidas de Ourense con 20 e 18 en Lugo. 

Igualmente, cómpre salientar que os concellos que contabilizaron máis intervencións foron A Coruña, Vigo, Nigrán, Santiago, Oleiros, Redondela e Carballo

 

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo