" />

O ACD Piringalla presenta o seu Campus de fútbol e fútbol sala para nenos

Outro ano máis, o club ACD Piringalla levará a cabo a segunda edición do Campus de fútbol e fútbol sala, dirixido a nenos e nenas entre 4 e 15 anos, que se celebrará o venres 22, e a semana do 25 ao 29 de xuño.

Terá lugar no pavillón María Auxiliadora e o campo de fútbol Polvorin. A cota de inscrición son 150 euros cun desconto do 25% para o segundo irmán.

O evento inclúe unha gran variedade de actividades a maiores do fútbol campo e fútbol sala. Entre elas, os nenos e nenas xogarán a diferentes deportes como o baloncesto, tiro con arco, pádel, voleybol e minigolf. Pero tamén hai dúas saídas programadas. Unha será a visita ao Aquarium da Coruña e ao Aquapark de Cerceda.

A segunda saída será para visitar un centro deportivo de Vilalba e realizarase unha confraternización co Campus organizado polo RCV Vilalbés. O prazo de inscripción queda aberto desde o día 22 de maio ata o 12 de xuño.

Poden recoller a folla de inscrición na oficina do club, situada no local 19 do pavillón Casa do Deporte (Frigsa), os martes e xoves de 17:30 a 19:00.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo