O alcalde Pedrafita lidera a única candidatura dos Socialistas Lugueses ao congreso federal

Este domingo tivo lugar o Congreso Provincial Extraordinario do PSOE da Provincia de Lugo para elixir aos representantes dos socialistas lucenses ao 39 º Congreso Federal.

No encontro, presentouse unha única candidatura, encabezada polo Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, que foi refrendada polo 73% dos delegados.

A listaxe aprobada é paritaria, pois está composta por 7 homes e 7 mulleres. Representa a provincia ao estar integrada por socialistas da Montaña, Terra Cha, Lugo, A Mariña, Lemos, Chantada, Quiroga, A Ulloa e mesmo por mozos de distintas agrupacións de Xuventudes Socialistas na provincia.

Está é a lista de mulleres e homes do PSdG que asistirá ao 39º Congreso do PSOE representando á provincia de Lugo: José Luis Raposo Magdalena, Alcalde de Pedrafita do Cebreiro. Regina Polín Rodríguez, Alcaldesa de Guitiriz. Javier Cerqueiro González ,voceiro do PSOE en O Corgo. María Carmen Veiga Rodríguez, Voceira do PSOE en Barreiros. José Antonio Quiroga Díaz, parlamentario autonómico e membro da Agrupación Socialista no Saviñao. Isabel Salazar Bello, Agrupación de Lugo.  José Luis Diaz. Agrupación de Lugo. Raquel Lopez Rodriguez, voceira do PSOE en Chantada. Miguel Ángel Sotuela Vega, Alcalde de Ribas de Sil e deputado provincial. Marina Ramudo Graña, concelleira socialista en Pol. Hugo Ucha Boán, membro de Xuventudes socialistas.

Os suplentes serán: Pilar García Porto, voceira do PSOE en Antas de Ulla e deputada provincial. Fidel Fernández, membro da Agrupación de Lugo e Laura Pardo Iglesias, membro de Xuventudes Socialistas de Guitiriz.

Asemade no Congreso deste domingo, os socialistas lucenses tamén debateron as emendas á Ponencia Marco do 39º Congreso Federal. Foron 17 textos,  presentados polas agrupacións de Xermade, Alfoz, Foz, Barreiros, Rábade, Lugo, Ribadeo, Monforte de Lemos e Vilalba. Versaron sobre sanidade e educación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com