O alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón participa en viaxes formativas internacionais

O alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo participou recentemente en dous viaxes formativos internacionais, enmarcados na aposta do centro por complementar a ensinanza académica con experiencias directas en contextos culturais, artísticos e profesionais de referencia en Europa.

Por unha banda, o alumnado de segundo curso do Grao en Deseño de Interiores desprazouse a Holanda co obxectivo de coñecer algunhas das correntes máis influentes do deseño europeo contemporáneo. A estancia tivo como eixo principal a cidade de Ámsterdam, onde visitaron museos, estudos-showrooms e espazos urbanos emblemáticos. O programa incluíu tamén percorridos pola rexión de Waterland, con paradas en localidades como Edam, Volendam e a illa de Marken.

Durante o viaxe, o grupo tivo a oportunidade de visitar obras icónicas da arquitectura moderna e centros de innovación en deseño sostible, o que lles permitiu observar de primeira man novas tendencias, materiais e solucións espaciais aplicadas en contextos reais. A experiencia contribuíu a ampliar a súa comprensión do deseño como unha disciplina que integra dimensións culturais, técnicas e sociais, ademais de fomentar a convivencia e o intercambio de ideas.

Por outra banda, estudantes de terceiro curso de Deseño Gráfico realizaron un viaxe cultural a Polonia, acompañados por profesorado do centro. Nesta actividade participaron 12 alumnos e alumnas, que visitaron as cidades de Cracovia e Varsovia, achegándose á súa riqueza patrimonial, urbana e artística.

O itinerario incluíu visitas a institucións de referencia como o MOCAK, o Museo Nacional de Varsovia, o Poster Museum de Wilanów e o Museo de Arte Moderna de Varsovia, ademais de galerías e espazos de carácter alternativo. Esta inmersión permitiu ao alumnado

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com