" />

Presentación do “Cancioneiro da Ribeira de Piquín” no Chao do Pousadoiro

Hoxe presentouse no Chao de Pousadoiro, o “Cancioneiro da Ribeira de Piquín”, unha publicación editada por Canela coa colaboración da Deputación de Lugo na que Noemí García Rodríguez e Xosé Manuel Sánchez Rei compilan máis de 200 cantares tradicionais recollido no concello e na súa contorna.

Ademais de recoller os textos, a obra conta cun completo estudo introdutorio, lingüístico e histórico, no que se analiza o tipo das
cantigas, a simboloxía o valor da lingua ou a transmisión desta lírica tradicional de xeración en xeración.

Un labor no que teñen destacado distintas persoas vinculadas a Ribeira de Piquín, como o filólogo e lexicógrafo Aníbal Otero, un verdadeiro precursor na recollida e estudo do romanceiro galego de  tradición oral e autor do imprescindible Vocabulario de San Xurxo de Piquín; Xosé Seivane, construtor e gaiteiro, ou o violinista e cantor Florencio, o cego dos Vilares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo