" />

O Arde Lvcvs 2018 volverá a súa data orixinaria a terceira fin de semana de xuño

O Concello de Lugo anunciou esta mañá que o vindeiro Arde Lucus, o do ano 2018, terá lugar os días 15, 16 e 17 de xuño. A festa de Interese Turístico Nacional volve a súa data orixinaria, a mediados de xuño, logo de que neste ano as festas tiveran lugar na primeira fin de semana de xullo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asegurou esta mañá que o Arde Lvcvs MMXVIII terá lugar a fin de semana seguinte á Ofrenda do Corpus, a referencia que se vén utilizando para sinalar a data da festa de recreación histórica romano castrexa.

A edil subliñou a consolidación do Arde Lvcvs, cunha “altísima participación, moi difícil de cuantificar” porque se trata dunha celebración na rúa na que se produce un continuo fluxo de persoas. “É unha fin de semana de cultura aberta na rúa que une lecer e diversión con coñecemento e posta en valor da historia e do patrimonio, que revitalizamos cada ano para que sexa coñecido por todo o mundo”.

A Concelleira de Cultura expresou o seu agradecemento ás asociacións de recreación histórica “polo traballo que fan todos os días”, e ao resto das persoas e colectivos que dalgún xeito tomaron parte na organización para que de novo o Arde Lvcvs fose un éxito, con especial mención á Policía, en especial á Local, ao servizo de limpeza, de Bombeiros e Protección Civil.

Carmen Basadre avanzou tamén que cumprirá as previsións e a vindeira semana convocará a comisión municipal do Arde Lvcvs para informar aos grupos municipais da Corporación e á cidadanía das contas do festexo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo