" />

O Ateneo Galeguista presentará o sábado no IES Lucus Augusti o libro ‘El 15M Facha’

A asociación cultural Ateneo Galeguista de Lugo organizará o vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 11  horas a presentación do libro El 15M Facha, do voceiro de ERC no Congreso, D.Gabriel Rufián Romero.

O acto terá lugar no IES Lucus Augusti e nel intervirán Xoan Xesús Rozas, vicepresidente da asociación organizadora, o autor da obra, Gabriel Rufián, así como os xornalistas Marta Veiga Izaguirre e Silvio Falcón Rodríguez.

Dende a organización advirten que, debido a normas protocolarias da COVID 19, o aforo do acto será de 104 persoas. Nestes momentos o aforo está completo. O acto poderá ser seguido en directo desde o facebook do ateneo galeguista: www.facebook.com/ateneo.galeguista

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo