" />

O bipartito proxecta a peonalización da Mosqueira nos Orzamentos de 2020

O goberno local vén de anunciar a aprobación, en Xunta de Goberno, do proxecto de orzamentos para a vindeira anualidade 2020. Así, a alcaldesa e o tenente de alcalde compareceron ante os medios para dar conta das principais liñas deste proxecto que levarán ao pleno do vindeiro mes para que poida entrar en funcionamento a partir do 1 de xaneiro.

Entre as partidas máis importantes para a cidadanía, destaca a peonalización da Mosqueira á que dedican un total de 800.000 euros dos que 200.000 irán destinados a realizar os cambios necesarios na contorna para conseguir modificar o tráfico.

Outra das melloras que pretende executar o Concello o vindeiro ano, é a substitución das tubaxes de fibrocemento na rede de abastecemento da cidade, un proxecto que se contempla cun presuposto de máis de 1 millón de euros.

Unha das maiores partidas deste proxecto de orzamentos é a adicada ás políticas sociais que se leva máis de 28 millóns de euros e coa que pretenden “mellorar a calidade de vida urbana e rural” e dos cales máis de 8 millóns de euros os dedicarán á creación de emprego, 6,5 millóns para persoas con menos recursos e 3 millóns de euros irán para servizos sociais, enter outros.

O goberno local adicará, ademais, unha partida próxima aos 11 millóns de euros, ou o que é o mesmo, máis do 50% das inversións, para asegurar a sustentabilidade ambiental “que xunto á modificación de crédito aprobada en pleno hai dous meses de máis de 10 millóns de euros, supón un total de 20 millóns de euros para traballar neste eido”.

En total, estes orzamentos contemplan máis de 100 millóns de euros, dedicados ás diferentes áreas de goberno, e que, se se aproban no vindeiro pleno, poderán comezar a executar dende o 1 de xaneiro, puidendo conseguir unha maior porcentaxe de execución.

Ao longo dos vindeiros días, o goberno continuará a dar conta de novas pinceladas destes orzamentos que, segundo explicou a rexedora da cidade, Lara Méndez, “son os orzamentos para as persoas”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Antonio Fernandez
    Nov 20, 2019 - 07:40 PM

    Haber que es lo que hacen porque hasta ahora, no hicoeron más que cobrar.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo