" />

O BNG-AA abrirá a praia fluvial en Lugo co permiso da Confederación Hidrográfica

A Confederación Hidrográfica Miño Sil vén de conceder unha autorización ao BNG-AA para a instalación dun acceso ao río na zona de As Saamasas. “Grazas a esta autorización Lugo contará cunha zona pública de baño neste verán” informou Rubén Arroxo, voceiro dos nacionalistas e afirmou que “con esto queda demostrado que cando as tramitacións se fan a tempo e forma é posible conseguir os obxectivos e o PSOE non fixo as tramitacións para que Lugo chegue a ter zona pública de baño”.

O voceiro do BNG volveu remarcar que “Lugo terá zona pública de baño este ano grazas ao BNG e abriremos a porta para que o concello se implique”. Arroxo sinalou que o proxecto do BNG estivo en exposición pública en decembro e “fixemos os trámites en tempo e forma para que a autorización chegase a tempo, por que o BNG si que cree que Lugo debe ter unha zona pública de baño”.

A autorización emitida pola Confederación Hidrográfica outorga permiso para que se faga esta instalación durante os veráns dos vindeiros 5 anos. Arroxo resaltou que “márcanse unha serie de normas para que a instalación no incida negativamente no entorno do río, nin na flora nin na fauna, e imos ser absolutamente respectuosos superando en precaucións todas as ditadas na autorización e as que marcan as normativas”. Arroxo sinalou que o proxecto presentado polo BNG, e agora autorizado, “é sinxelo e sen impacto” e engadiu “con esta actuación imos dar resposta a unha realidade, por que a xente xa utiliza esta zona para o baño, pero imos aportar seguridade para as persoas e protección a beira do cauce”.

Arroxo sinalou que “neste ano o goberno municipal, ante a presión do BNG, iniciou os trámites para instalar uns pantaláns nunha zona do río que non é a mellor e sendo sabedores de que os tempos da tramitación no ían ser suficientes para a súa posta en marcha este ano”. A partir desta semana, o BNG iniciará as xestións para que, neste verán, Lugo teña un acceso ao río na zona pública de baño de As Saamasas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo