O BNG-AA advirte que non se iniciaron os procesos de municipalización do guindastre nin da recollida do lixo

O BNG-AA advirte de que o goberno municipal non iniciou os trámites para os procesos de municipalización da retirada de vehículos (o guindastre), e os servizos de limpeza, recollida de lixo e transporte. O portavoz da agrupación, Rubén Arroxo, lembrou a parálise que está a sufrir o goberno municipal e que “leva máis dun ano para levar a cabo a iniciativa do BNG por municipalizar o guindastre e nove meses do da recollida do lixo”.

Arroxo denuncia que “a tan só 3 semanas para o remate do contrato do servizo de limpeza e recollida do lixo aínda non se sabe nada acerca da municipalización”.

Por unha banda no de guindastre, “malia levar un ano acordado, non se deu ningún paso, e está a funcionar cun contrato que poñía fin o 1 de decembro do 2015”. Mentres que no de limpeza, recollida de lixo e transporte, que foi aprobado hai nove meses,  caduca o contrato o 31 de marzo, polo que, para o BNG, “cómpre darlle solución canto antes”.

Estes dous servizos, que o concello ten obriga de prestar, foron levados ao pleno polo  BNG-AA e actualmente atópanse en situacións diferentes, “pero en ambas son preocupantes”.

Para o BNG-AA o goberno municipal “carece dun proxecto para este concello”, de aí que actúen deixando atrás cuestións importantes para Lugo e aseguran que “se precisa unha mellora cualitativa da xestión para non seguir malgastando cartos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com