O BNG-AA esixe que as promesas do Goberno Municipal non queden “en papel mollado”

Ante o recente anuncio dado polo goberno municipal da ampliación das redes de saneamento e abastecemento de augas en diferentes parroquias no rural, o BNG “esixe ao goberno que non quede en papel mollado e que actúen con seriedade á hora de facer determinados anuncios”. Estas afirmacións feitas polo portavoz do BNG débense a que na súa opinión “o goberno municipal leva anos anunciando ou prometendo ás veciñas e veciños das parroquias, obras deste tipo que nunca se chegan a executar. Nalgunhas parroquias xa se anunciou varias veces que se ían executar servizos de abastecemento de auga ou de saneamento, que despois se perderon polo camiño” sinalou Rubén Arroxo.

O BNG puxo os exemplos de “Orbazai e Adai onde sendo Orozco alcalde de Lugo, o goberno municipal comprometeuse a darlles un servizo que aínda non teñen, malia ter os depósitos e a potabilizadora respectivamente nas súas parroquias. O mesmo acontece con outras parroquias como poida ser San Xoán de Pena, onde tamén recibiron promesas para estar dotados de saneamento e a día de hoxe hai varios núcleos, que estando a escasos metros da depuradora, aínda non o teñen”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com