O BNG celebra unha xuntanza no Corgo para presentar o proxecto de cara ás eleccións xerais

O BNG organizará, o xoves 5 de novembro ás 21:00 horas no centro socio-cultural de O Corgo, unha xuntanza con persoas afiliadas, simpatizantes e aberta a todas as interesadas, para presentar os obxectivos da Candidatura Galega de cara ao proceso electoral do vindeiro mes de decembro. Esta candidatura, xurdida da plataforma Iniciativa pola Unidade, está participada polo BNG e por outras forzas políticas de corte nacionalista que apostaron por “unha candidatura de obedicencia galega”.

Nesta xuntanza participará o secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, que trasladará a importancia “de acadar a representación suficiente para contar cun grupo parlamentar propio no Congreso dos Deputados porque a vindeira lexislatura será fundamental para que Galiza non perda estatus respecto a outros territorios do estado”. Na xuntanza convidarase a participar no proceso de primarias que terá lugar o vindeiro domingo 8 de novembro e que ten por obxectivo elixir ás persoas que conformarán as candidaturas de Nós, Candidatura Galega.

O acto aberto convocado polo BNG servirá para dar conta de como se desenvolveu o proceso de conformación e negociación das plataformas que levaron, finalmente, á creación desta candidatura galega que foi apoiada polas forzas nacionalistas. Este encontro lévase a cabo dentro dunha campaña de contactos que o BNG está a levar a cabo en todos as comarcas “para contar coa participación da veciñanza no impulso da que será a única candidatura galega que se presente ás eleccións xerais para o goberno do estado e o senado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com